| Panteón (interior) |
| Anterior
| Inicio | Seguinte O pórtico rectangular construido sobre os cimentos do tempo de Agrippa oculta esta vasta cúpula hemisférica, de fermosas e grandes proporcións que só poden apreciarse dende o interior. A altura e a anchura da cúpula son idénticas, 43,3 metros. O orificio superior, oculus, proporciona a única iluminación. A cúpula fíxose volcando cemento misturado con pedra porosa nun molde provisional de madeira. As paredes do tambor sobre o que se apoia teñen 6 metros de espesor. O artesonado serviu para reducir o seu peso. |
