| Plano do Capitolio |
| Anterior
| Inicio | Seguinte Preto do Tíber e rodeado por rochas inaccesibles, foi elixido por Rómulo para crear o Asylum, un refuxio para a xente expulsada doutros pobos. Tiña dous cumios diferenciados, hoxe divididos pola Via dei Fori; foron separados por Traxano para conseguir espacio para o seu Foro ( a súa columna ten a mesma altura que o cumio suprimido). Dende os reis etruscos o templo de Xúpiter, Xuno e Minerva (a tríada capitolina) marcaba o centro relixioso da cidade. No templo de Xuno Moneta ("a que avisa") tiña lugar a acuñación de moeda. Na imaxe o Capitolio na Antigüidade (esquerda) e hoxe (dereita). |
