| VESTIARIO |
| Anterior | Inicio | Seguinte Tódolos integrantes do coro levaban máscaras. No século V a.C. eran representacións moi logradas dos personaxes, coa boca entreaberta. Facíanse encolando tiras de liño e moldeándoas sobre a cara do actor, co que se obtiñan unhas caretas moi lixeiras e ríxidas que ademais podíanse pintar. As máscaras fixéronse máis prototípicas no s.IV, cando comezaron a aparecer os personaxes de repertorio. |
