Personaxes: Alcésimo
Anterior | Inicio | Siguiente
É un vello que anda polo mundo percorrendo os prostíbulos para ver se atopa á súa filla Pánfila, raptada de nena polos piratas e vendida a unha alcaiota (típico motivo plautino nas comedias de recoñecemento). A historia de Alcésimo, aparentemente desvencellada das outras, ten a función de marcar a temporalidade da obra, pois o paso do personaxe varias veces pola escena está a indicar o transcorrer dun tempo dramático.