| Personaxes: Lisídamo |
| Anterior
| Inicio | Siguiente O vello Lisídamo é o senex cómico. Asoballado pola súa muller, cando ela está lonxe é quen de fachendear da súa actividade pública, animado polos afagos dos seus escravos, pero a fachenda esváeselle cando aparece a súa muller Cleóstrata. Para desculpar a actitude dominante da súa esposa e tamén para agochar a debilidade propia, recorre ó sufrimento que lles produce a ausencia do seu fillo Filócrates. |
