Teatro de Marcelo
Anterior | Inicio | Siguiente
Despois de que Pompeio mandara construir no ano 55 a.C. o primeiro teatro permanente de pedra, viñeron o teatro de Balbo e o de Marcelo, na fotografía. Construido por orde de Augusto, leva o nome do seu sobriño, a quen pretendía nomear herdeiro, pero que morreu antes de cumprir os vinte anos. Situado no centro de Roma, obsérvese como na actualidade o último piso está ocupado por vivendas particulares. En primeiro plano aparecen as tres columnas do Templo de Apolo, dedicado no ano 431 a.C. a divindade grega Apolo Médico.