Teatro de Mérida
Anterior | Inicio | Siguiente
O teatro emeritense foi inaugurado no ano 15 a.C. e o seu impulsor foi Marco Vipsanio Agripa, xenro de Augusto. Neste período creouse a provincia de Lusitania e Augusta Emérita foi elevada ó rango de capital da nova entidade territorial. Na scaenae frons abríanse 3 portas ou valvae; sobre o podium ou basamento érguense dous corpos con columnas corintias.