| Culto a Mitra en Lugo |
| Anterior
| Inicio | Seguinte É frecuente atopar na prensa novas sobre achádegos arqueolóxicos na cidade de Lugo. Na Voz de Galicia do 12/6/03 lemos o descubrimento dun ara dedicada ó deus Mitra por Gaio Victorino, centurión da legio VII Gemina. Mitra é un deus da luz, identificado co sol. Esta divindade de orixe oriental foi introducida en Roma polos lexionarios e funcionarios destinados nas provincias orientais, así como polos comerciantes e escravos. |
