Miliario romano
Anterior | Inicio | Seguinte
Os miliarios son columnas cilíndricas de granito con base cúbica ou circular. A súa altura oscila entre os 2 e 4 m. e o seu diámetro entre os 0,5 e 0,8 m. A súa función era marcar as millas do percorrido respecto á capital do conventus iuridici (na ilustración 94 millas dende Asturica Augusta). Ademais están erixidos en honor do emperador, servindo tamén como propaganda imperial (neste caso en honor de Tito, emperador Flavio fillo de Vespasiano e irmá de Domiciano). Unha milla romana equivalía a 1500-1600 metros.