Mosaico de Dédalo e Pasífae
Anterior | Inicio | Seguinte
Este mosaico que hoxe se atopa no museo arqueolóxico de Lugo pódenos dar unha idea da decoración das estancias interiores dunha domus romana. Nel pódese recoñecer o famoso episodio no que o arquitecto Dédalo constrúe unha vaca de madeira para que, dentro dela, a raíña Pasífae, muller de Minos, poida engana-lo touro e satisface-lo seu amor. Desa unión nacerá o minotauro, de corpo de home e cabeza de touro.