Ponte do río Bibei
Anterior | Inicio | Seguinte
A ponte sobre o río Bibei no concello de Larouco en Ourense é unha das máis importantes e mellor conservadas. Pertence á Via XVIII nova e foi construída na época dos emperadores Flavios (69-96 d.C.), onde a Gallaecia acadou o seu máximo esplendor. Hoxe en día segue en uso, soportando un intenso tráfico.