Módulos de actividades
Esta plataforma contén varios módulos de actividades.
Foros
Este módulo é moi importante, dado que nel se dá o maior intercambio. Os foros pódense estructurar de diferentes xeitos, e poden incluír cualificacións. As mensaxes pódense ver de varios xeitos e poden incluír arquivos adxuntos. Ao subscribirse a un foro, os participantes automaticamente recibirán copias de cada mensaxe no seu buzón de correo. O profesor/a pode impor ao seu alumnado a subscrición a determinado foro.
Xornais
Este módulo é moi importante para a actividade reflexiva. O profesor/a propón ao alumnado reflexionar sobre diferentes temas, e os estudantes responder e modificar as súas respostas a través do tempo. A resposta é privada e só pode ser vista polo profesor/a, o cal pode responder e cualificar cada vez.
Apuntamentos
Os materiais son contidos, información que o profesor/a quere que vexa o seu alumnado. Poden ser documentos preparados e subidos ao servidor, páxinas editadas directamente na plataforma ou páxinas externas que aparecerán dentro do curso.
Tarefas
As tarefas permiten ao profesorado asignar actividades aos estudantes, que consisten en preparar contidos dixitais (de calquera tipo) que o alumno/a poderá subir ao servidor. As tarefas típicas son ensaios, monografías, redaccións, etc.
Cuestionarios
Este módulo permite que o profesor/a deseñe e formule cuestionarios. Estes cuestionarios poden ser: múltiple opción, falso/verdadeiro e respostas curtas. Estes cuestionarios consérvanse na base de datos, polo que poden ser reutilizados dentro do mesmo curso ou incluso entre diferentes cursos. Os cuestionarios poden permitir múltiples intentos. Cada intento márcase automaticamente e o profesor/a pode decidir se amosar a cualificación e/ou as respostas correctas ao alumnado unha vez concluído o cuestionario. Ademais posúe cualificación.
Consultas
As consultas son moi sinxelas: o profesor/a fai unha pregunta e determina certas opcións, das cales o alumnado elixirá unha. É útil para coñecer rapidamente o sentimento do grupo sobre algún tema, para permitir algún tipo de eleccións do grupo ou para efectos de investigación.
Enquisas
O módulo de enquisas prové unha serie de instrumentos probados para estimular a aprendizaxe en ambientes en liña. O profesorado pode empregar este módulo para aprender sobre o seu alumnado e reflexionar sobre a súa práctica educativa.
Chat
O módulo de chat permite que os participantes discutan en tempo real a través de Internet. Este é un xeito útil de ter unha compresión dos outros e do tema de debate --empregar unha sala de chat é bastante diferente a utilizar os foros. O módulo de chat contén varias utilidades para administrar e revisar as conversas anteriores.
Cuestionario
Este módulo permite ao profesor/a deseñar e formular cuestionarios consistentes en: múltiple opción, falso/verdadeiro e respostas curtas. Estas preguntas mantéñense ordenadas por categorías nunha base de datos e poden ser reutilizadas no mesmo curso ou noutros cursos. Os cuestionarios poden permitir múltiples intentos. Cada intento é marcado e cualificado e o profesor/a pode decidir amosar algunha mensaxe ou as respostas correctas ao finalizar o exame. Este módulo ten capacidade de cualificación.
Encuestas
El módulo de Encuestas proporciona un conjunto de instrumentos verificados que se han mostrado útiles para evaluar y estimular el aprendizaje en contextos de aprendizaje en línea. Los profesores pueden usarlas para recopilar datos de sus alumnos que les ayuden a aprender tanto sobre su clase como sobre su propia enseñanza.
Consulta
A consulta é unha actividade moi sinxela, o profesor/a fai unha pregunta e especifica unha serie de respostas entre as cales debe elixir o alumnado. Pode ser moi útil para realizar enquisas rápidas sobre o tema, para permitir que o grupo decida sobre varios temas, para efectos de investigación, etc.
Video Flash
Vostede pode empregar este módulo para agregar un video flash (arquivos flv). Estes arquivos poden ser cargados ao servidor ou poden aloxarse nun servidor de streaming como red5 ou fms
O m&ovdulo Video Flash foi desarrollado por Rashan Anushka @ UCSC Os compoñentes do reproductor de video (flvplayer) empregados aquí foi desarrollado por Jeroen Wijering (http://www.jeroenwijering.com)
Foros
Esta actividade tal vez sexa a máis importante --é aquí onde se producen a
maior parte dos debates. Os foros poden estructurarse de diferentes xeitos, e poden
incluír avaliación de cada mensaxe polos compañeiros/as.
As mensaxes tamén se poden ver de varios xeitos, incluír mensaxes adxuntas
e imaxes incrustadas.
Ao subscribirse a un foro os participantes recibirán copias de cada mensaxe no seu
buzón de correo electrónico. O profesor/a pode impor a subscrición a todos os
integrantes do curso se así o desexa.
JClic
JClic é un proxecto do Departamento de Educación e Universidades da Generalitat de Cataluña que está formado por un conxunto de aplicacións de software libre que permiten crear diversos tipos de actividades educativas multimedia: quebracabezas, asociacións, exercicios de texto, encrucillados, sopas de letras e outros. Ademáis, a zonaClic dispón dunha biblioteca de actividades que conta cuns 1000 proxectos que crearon profesores e persoas doutros colectivos que quixeron compartir solidariamente o seu traballo.
Este módulo permite ao profesorado engadir a un curso calquera actividade de tipo JClic e recopilar os resultados obtidos (tempo empregado para cada actividade, intentos, acertos, etc.) para cada alumno.
Libros
Libro é simplemente un material de estudo con varias páxinas.
Materiais
Materiais son contidos: información que o profesor/a desexa entregar ao alumnado. Poden ser arquivos preparados e cargados no servidor; páxinas editadas directamente en Moodle, ou páxinas web externas que aparecen no curso.
Con este módulo vostede pode sondar aos seus alumnos cunha enquisa personalizada.
Tarefas
O módulo de tarefas permite que o profesor/a asigne un traballo ao alumnado, incluso deberán preparalo nalgún medio dixital (calquera formato) e presentalo subíndoo ao servidor. As tarefas típicas inclúen ensaios, proxectos, fotografías, etc. Este módulo conta con capacidade de cualificación.