páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

A pesca

A pesca é unha afección que ten moitos anos de antigüidade. Na miña zona, Pastoriza, por onde pasa o río Ulla, a técnica que máis se emprega é a da mosca afogada e a da culleriña para a pesca da troita, que, sen ningunha dúbida, é a raíña dos nosos ríos, se desprestixiar algunhas especies coma o salmón, que escasea tanto nos nosos ríos.
A pesca con culleriña é moi interesante, é moi raro que cando algunha troita pique se solte. A min, persoalmente, gústame moito pescar con culleriña; cando máis a uso é pola mañá cedo e adoita dar moi bos resultados; a esas horas aínda non hai invasión de insectos e as troitas móstranse reacias a picar a mosca.
Algúns consellos que vos dou é que non recollades moi á présa; se tedes unha culleriña moi grande sempre se vos vai enganchar no fondo, iso é o que pasa en auga moi fina, aí deberiades poñer unha cullleriña pequena e así poderedes recoller máis lento; non importa o lonxe que lancedes porque, se vos fixades, as troitas case sempre pican na beira.
Cando sae o sol e empeza a quentar é cando poño a mosca afogada, que coincide coa saída dos insectos. Para escoller as vosas afogadas é preferible que primeiro observedes qué mosquitos hai na auga e coller a vosa caixa de plumas e poñer as que máis se parezan ás que hai na auga.
Para a pesca con afogada buscaremos sitios nos que a auga non estea parada. Cando mellor resultado dá a mosca é pola noitiña e sobre as 11:30-12:30 h., que é cando no río hai unha boa actividade de insectos.
Se con estas letras vos entraron ganas de ir pescar, esta é a composición e o prezo do equipo; esta formado por: gorro, cesta, chaleco longo, cana, fío, carrete e botas altas; prezo máximo: 116.185 pesetas, prezo medio: 33.603 pesetas; prezo mínimo: 21.020 pesetas.
E, sobre todo, unha cousa: cómpre respectar as tallas legais, que en Galicia son: troita: 19 cm; reo: 30 cm; anguía: 20 cm; salmón: 40 cm. Os que non respecten as tallas serán multados.
Para o ano próximo a captura será de 15 pezas por día e pescador e só se poderá pescar un salmón por temporada e pescador. Os horarios son dez minutos antes de que saia o sol e dez minutos despois de que se poña.

Alberto Vilariño
3º ESO

 
  Índice Arriba