| |
Colgados
das estrelas
Na
gran maioría das ocasións, o importante
e gran labor dos investigadores pasa desapercibido
para a sociedade. Os traballos científicos,
fundamentalmente, atópanse en revistas
e semanarios internacionais, que son lidos preferentemente
por especialistas; aínda que ultimamente
os medios de comunicación se preocupan
por esta clase de informacións, a cousa
hai uns anos era ben diferente.
A astronomía probablemente é a ciencia
máis antiga. Dende os tempos máis
remotos a contemplación do ceo permitiu
descubrir numerosas distincións, ademais
do movemento dos astros. Esto trouxo consigo que,
unha vez alcanzado certo desenvolvemento cultural,
que o home se empezara a facer preguntas sobre
do universo.
A transmisión de coñecementos é
o punto básico non só para que os
demais saiban o que se está facendo, senón
porque é a única forma de que se
poida valorar. En relación con esto, cómpre
dicir que na nosa comarca existiron e existen
grandes astrónomos como Ramón María
Aller, notablemente coñecido polos seus
libros e descubrimentos; ou tamén José
María López, de Vila de Cruces,
que posúe na actualidade un dos mellores
e máis eficaces observatorios astonómicos
da nosa comunidade. É unha persoa que leva
anos interesándose por esta ciencia e trata
de transmitírllela a pequenos e maiores,
realizando diversos cursos ó ano de astronomía,
ademais da publicación de dúas revistas
anuais. En próximos números ofrecerémosvos
máis información sobre el, porque
cremos que é un acto de xustiza.
José
Ángel Castro
1º Bacharelato
|
|