| |
A
escola dos nosos avós (1935-1945)
Lugar
da escola: San Pedro de Losón (Vila
de Cuces)
Enquisados: Ramón Penela López
(1927) e Josefa Mato Crespo (1933)
Autora: Verónica Penela Mato (1º
Bacharelato)
1.
Infraestructura: local e materias
A escola de San Pedro de Losón era unha
escola normal e corrente. Un lugar bastante desapracible
para situar unha escola, pois no inverno sentíase
moito o frío e, ademais, había goteiras;
todo o contrario no verán, nesta época
do ano ía moita calor e tamén se
notaba moito.
Por outra banda, estaba ubicada no sitio onde
se decidía, non onde os pais dos rapaces
querían. O camiño cara á
escola para a maioría dos rapaces estaba
cheo de toxos e xestas, un camiño bastante
precario.
No caso de San Pedro de Losón, a escola
era propiedade da mestra e mais da súa
familia.
A aula era máis ben pequena e os rapaces
e rapazas estaban bastante apertados, pois ó
mellor no sitio de dúas persoas sentábanse
catro. En canto ó mobiliario, atopámonos
con que os alumnos se sentaban nuns bancos corridos
e tiñan uns pupitres. Pola contra, á
mesta tiña unha mesa e unha cadeira para
ela. Tamén había un pequeño
encerado e un pequeño armario no que se
gardaban os libros.
Os rapaces non tiñan cadernos, pero si
algún que outro lapis e só había
un libro que pasaba por toda a clase .En canto
a outros materiais había un manuscrito
e unha pequena enciclopedia e non había
libros de literatura. Todo o material que existía
na clase era da mestra ou mestre.
Había unha mestra ou mestre por
escola, que atendía a tódolos alumnos
por igual, aínda que con algunha preferencia
polos maiores.
2.
Os mestres
No tema dos mestres, nesta aldea foron todas
mulleres; os seus nomes eran dona Pelegrina, que
era de Cerdedo; dona Aurora, de Silleda; e unha
derradeira da cal non se lembra o nome e que era
de Santiso (Lalín. Só exercían
no seu oficio.
Integrábanse perfectamente na aldea, tanto
dentro coma fóra da escola levábanse
ben con todos. Algunhas veces, en ocasións,
como a matanza, a vendima e as festas, os veciños
levábanlle carne, grelos, roscas, touciño
e outras cousase isto facíano por propia
vontade.
A súa actitude era bastante boa e cos alumnos
non facían ningún tipo de distinción,
a escola era a escola e alí eran todos
iguais.
Algúns dos castigos máis comúns
eran: poñe-los rapaces cos xeonllos encima
da area durante toda unha mañá,
poñelos cos narices pegados á parede
de xeonllos e cos libros da enciclopedia nas mans
facendo peso ou senón pegábanlles
cunha vara.
En xeral, coa mestra aprendíase bastante
ben, se atendías, mandaba poucos deberes
para a casa e as probas ou exames facíaos
tódolos días, ben preguntando a
lección ou a táboa de multiplicar.
3.
As materias de estudio
Algunhas
das materias que se impartían nas clases
eran: Historia de España, Historia Sagrada,
a Lectura do Manuscrito e o Catecismo. O catecismo
era coma unha clase de relixión, era impartida
pola mestra e ó final do curso viña
un Inspector a preguntala.
En canto ás xornadas de estudio, realizábanse
todas dentro da escola e non había ningunha
actividade extraescolar. Nas actividades da clase,
algunhas veces cantaban cancións da Misa
e os sábados rezaban o rosario. Tamén
cantaban cancións populares coma "O
Maio".
Os rapaces nos seus deberes non eran axudados
por ninguén na casa pois, os seus pais
sabían menos ca eles e polo tanto non lles
podían axuda, aínda que mandáballes
poucos deberes porque sabía que os rapaces
non tiñan moito tempo para facelos, senón
que tiñan axudar ós pais nas tarefas
da casa.
4.
Dos alumnos en xeral
A relación cos compañeiros era bastante
boa; ás veces había algunha pelexa
pero sen importancia, todos se levaban ben entre
eles.
Algúns dos xogos máis comúns
eran a "estornela", a "raíña",
a "ruleta", etc. Neles xogaban tanto
rapaces coma rapazas, aínda que algúns
eran máis propios de rapaces que das rapazas
e xogábase en bandos distintos.
Os pais dos rapaces estaban de acordo con que
estes foran á escola, pero tamén
tiñan que axudar na casa e, polo tanto,
se ían á mañá non
ían pola tarde.
Á maioría dos rapaces gustáballes
ir á escola porque así non tiñan
que traballar na casa, polo menos durante unhas
horas ó día e para algúns
rapaces esta era a única maneira de non
traballar.

A
escola dos nosos avós (1920-1930)
Lugar
da escola: Parroquia de San Miguel de Galegos
(Lalín)
Enquisados: Carmen Castro Torres (1913)
e Elisa Castiñeira Taboada (1913)
Autora: Eva Saavedra Castro (1º Bacharelato)
1.
Infraestructura: local e materias
A escola de Galegos (Lalín) era un espacio
pequeno no que ás veces non se collía.
Era coma unha casa, só que sen nada. Tan
só contaban cun libro por cabeza e moitas
veces era prestado ou dos irmáns. Había
xente que carecía de libro.
A maioría dos rapaces tiñan que
percorrer 20 quilómetros diarios (ida e
volta). Tiñan que ir por corredoiras cheas
de lam, e para cruzalas só contaban cuns
zocos ferrados con brochas que tiñan que
limpar antes de entrar na escola. Os alumnos sentábanse
nuns bancos corridos e cando non chegaba o sitio,
en táboas. Os rapaces só contaban
cun "pizarrillo" e un xiz para escribir,
pero non levaban tarefas para a casa xa que as
clases impartíanse pola noite, porque polo
día había que traballar.
2.
Os mestres
Cómpre recordar que só existía
un mestre para atender a tódolos alumnos
de diferentes idades ó longo da súa
escolaridade e tamén que os mestres viñan
de fóra (fundamentalmente de cidades).
Tiñan un carácter moi forte (usaban
todo tipo de castigos) pero tamén lles
esixían limpeza e se algún levaba
os pantalóns rotos mandábanllos
remendar.
Naquela época os mestres gañaban
moi pouco e a xente da aldea (a que podía)
leváballes ovos, trigo, millo, etc., para
que non pasaran tanta fame e ademais para que
lles favoreceran os seus fillos. Debemos de lembrar
que estamos a falar dunha sociedade de clases
gobernada por uns poucos que teñen todo
e gozan de tódolos privilexios mentres
o resto pasa fame, morre por enfermidades, etc.
-non tiñan nin cartos para pagarlle ó
médico nin para paga-las medicinas e, ademais,
o mestre sempre axudaba máis ós
fillos dos ricos cós da xente probe e campesiña.
O mestre só impartía clase, non
axudaba nos labores do campo xa que non precisaban
de tal. Os fillos dos campesiños traballaban
a cotío no campo e eran normalmente moitos
irmáns.
Cando se desmarcaban da pauta ou non sabían
a lección chamábanlles "burros",
pegábanlles e poñíanos de
xeonllos enriba de areas.
Cómpre destacar que os mestres dominaban
tódalas materias e en tódolos aspectos.
Mandaba ler e despois preguntaba oralmente as
leccións tódolos días. Os
pais que se interesaban polos seus fillos ían
preguntar por el, pero este endexamais lles aconsellou
a ningún seguir estudiando e, aínda
que quixeran, tampouco tiñan cartos para
paga-los estudios.
3.
As materias de estudio
As
actividades realizábanse todas dentro da
clase e tódolos días facíanse
as mesmas actividades sen diferencia-lo Nadal,
do Entroido ou da Pascua.
O primeiro que se facía ó entrar
na escola era rezar, seguidamente facíanse
as tarefas que o mestre dixera e á parte
diso tiñas que sabe-lo catecismo (isto
era o máis importante). Non había
recreo. De vez en cando saíase algún
pedazo do tempo escolar para xoar á "raíña"
ou á "pela" e á "estornela".
Xogaban por separado, é dicir, as nenas
a un lado e os nenos ó outro.
4.
Dos alumnos en xeral
A asistencia á clase variaba segundo os
meses. Nos meses de máis traballo no campo
(abril, maio, xuño, xullo e agosto) a asistencia
baixaba considerablemente porque había
moito traballo e aínda que a escola acababa
sobre o 22 de xuño continuaban un tempo
máis.
Na escola había sobre 40 nenos e cando
baixaba considerablemente quedaba cun total de
20 nenos (os dos fillos ricos) ou incluso menos.
Naquela época o máis importante
era traballar e pelexar cos compañeiros,
xa que sempre había disputas entre eles
-por unha moza, un pouco de pan, etc.- e estas
rifas chegaban a tal punto que algún deles
podía resultar ferido de gravidade e incluso
morrer.
|
|