| |
A
febre da "Musicitis": Invasión
pop
¡AMAIA!,
¡XABI!, ¡PABLO!, ¡ÁLVARO!,
¡HARITZ!
Eles son os donos da nosa
comunicación, os invasores do noso oído,
os arrasadores do son
¿Quen senón?
LA OREJA DE VAN GOGH, indiscutiblemente, os dominadores
desta sociedade pragada de música por tódolos
recunchos. Son os reis do pop, esa música
que sobrepasa en audiencia a calquera tipo de
música de tódolos tempos; segundo
eles "eres la reina del pop, una diva sin
nombre, un montón de ilusión
";
pero segundo nós, é parte da nosa
intercomunicación e da nosa relación,
é a medicina para todo tipo de sentimentos;
cunha voz, uns teclados, unha guitarra, un baixo
e unha batería vemos dende a máis
melancólica e delicada tenrura reflectida
en París ou en La playa, ata a máis
eufórica vivacidade e claridade expresada
por Cuídate, Pop ou La chica del gorro
azul, pasando por ambientes románticos
como Tu pelo, por declaracións como Tantas
cosas que contar ou por momentos de reflexión
como Mariposa
Vemos, sen lugar a dúbidas,
que a súa Viaxe de Coppercot chegou a converterse
nun elemento de expresión da nosa sociedade,
bombardeado a tódalas horas en tódalas
canles de radio, en infinitos programas de televisión,
na maioría dos anuncios
E, ¿quen non escoitou nunca falar do "do
medio dos chichos"?, ¿ou ese Poquito
a poco?, ¿e a quen non lle soa esa Bossanova?,
¿ou o famoso Acelera un poquito más?;
ademais do coñecido piñazo que os
irmáns Muñoz tiveron co seu Seat
Panda por mor da rapaza que levaba a saia cunha
"raja". Estamos ante outro fenómeno
máis que está invadindo o noso territorio
auditivo. Eles posúen certo carácter
flamenco, pero segue sendo o inmellorable e limpo
pop o que domina a sociedade do iogur e dos ordenadores;
¿que mortal non oíu nunca falar
de ESTOPA?, ¿que mortal non escoitou nunca
Me falta el aliento dos irmáns David e
Xosé Muñoz, acompañados da
súa masiva banda, formada por cinco guitarristas,
tres percusionistas, catro voces-palmas, dous
instrumentistas de vento, dous pianistas e un
baixista? Case sería un sacrilexio non
brindarlles ós nosos oídos o deleite
de escoitar ó grupo Estopa.
É
de supoñer tamén que todos escoitastes
algunha vez o famoso "Y yo sigo aquí,
esperándote, que tu dulce boca
"
da mexicana Paulina Rubio, que fixo que a súa
música chegase a convivir cos baffles de
tódalas discos e conseguiu estar en tódolos
momentos no susurrar dos adolescentes.
Como vemos, estamos ante un fenómeno social
que necesita do pop e da música disco;
xerouse unha dependencia auditiva desta música,
pois, ¿quen sería capaz de vivir
hoxe en día sen escoitar día tras
día eses agradables sons, ou por dicilo
así, esas "nicely songs"
?
Atopámonos ante unha epidemia xerada por
un virus chamado "musicitis", do que
ninguén se dará librado...
David
Fiuza
4º de ESO
|
|