| |
Suplemento
Latino
A
educación en Roma
Os nenos romanos, igual ca nós, tamén
ían á escola; non era idéntica
á nosa pero en moitos aspectos tiña
pequenos parecidos. Os pais confiaban os seus
fillos a un mestre particular ou ían acompañados
por un escravo de confianza. A formación
do neno constaba de tres etapas: ensinanza primaria,
secundaria e superior.
Primaria: era mixta, ( 7 - 11 anos ); nesta etapa
aprendían a ler, escribir, facer contas
xogando con letras e números; por eso se
lle chamaba a esta escola "ludus" (xogo).
A disciplina era moi dura e ás veces utilizábase
a "fenula" (vara para pegar ). Os nenos
levantábanse cedo: no inverno ás
sete e no verán ás cinco da mañá.
A xornada lectiva era de seis horas, cun pequeño
descanso para comer. Os locais eran pequenos e
incómodos, apoiaban o material nos xeonllos
e sentábanse en bancos. O mestre tiña
unha cadeira especial. Igual ca nós, tiñan
vacacións, había días festivos,
de mercado, nos que non tiñan clase.
Secundaria: ( 12 - 17 anos ), o estudio podía
levarse a cabo na casa, cun mestre particular
ou na escola. Explicábase gramática
e comentaban autores gregos e romanos. Tamén
tiñan materias como música, historia,
xeografía... As escolas contaban con maior
equipamento, reducíanse os castigos e o
alumnado era menos numeroso ( poucas familias
podían pagar eses servicios).
Superior: cando acababan o grao medio ( despois
de tomar a toga viril ) ós dezasete anos
os mozos que pertencían a familias ricas
podían pagar para prepararse para a actividade
pública coa axuda do "rhethor",
que era normalmente grego. Estudiaban para dominar
a retórica, expresarse e falar ben.
Pola contra, se non continuaban estudiando, había
varias saídas profesionais: exército,
vida pública, xurisprudencia..., isto no
caso dos homes.
Para as mulleres, rematados os estudios primarios,
as mozas de boa familia continuaban instruíndose
privadamente no coñecemento da literatura
latina e grega ; ó mesmo tempo, aprendían
a toca-la lira, bailar, danzar, cantar...Esta
educación intelectual non impedía
que a muller fixese os labores femininos: viaxaba
e dirixía as escravas, atendía os
traballos máis delicados, bordaba e fiaba.
Consultorio
de Mesalina
Chámome Priscila, estou casada e
coñecín un home moi especial; quero
deixar ó meu marido ¿qué
podo facer?-
Amiga Priscila, a sociedade na que vivimos é
machista ; o único que pode pedir o divorcio
é o home, este pasa a potestade a favor
dun terceiro e devólveche os cartos do
dote. O aspecto máis negativo é
que os fillos quedan con el.
Querida Mesalina estou convidada á festa
que dá o senador. ¿Que vestiario
podría levar?
- Amiga, a clásica túnica ata o
nocello nunca pasa de moda, cunha elegante estola.
As cores máis elegantes son o azul, o vermello,
o verdemar e o amarelo azafrán. Para o
pelo os mellores estilos son os máis elaborados.
Trenzas grandes ou pequenas, bucles ou rizos,
todo o máis recollido posible; a cor de
moda é o loiro, así que se non o
tes, proba a tinxilo ou merca unha perruca desta
cor. Se xa es branca aplica nas meixelas colorete
e escurece os ollos. De todas formas, hai cremas
e pos limpadores a vender. Xoias, as necesarias:
aneis, colares e adornos para o nocello; evita
os pendentes.
Son
Cornelia, teño 18 anos e aínda non
estou casada ¿é moi tarde para casar?
-
O certo é que moitas mozas contraen matrimonio
ós doce anos, pero...¡non todas temos
tanta sorte! Aínda podes encontrar home
se teu pai consegue amañalo en pouco tempo.
¡Ola Mesalina! Á miña veciña,
coa que compartía xogos, levárona
cando tiña oito anos para vestal; diso
fai xa dez anos ¿en que consiste?
- Unha vestal ten que manter viva a chama
sagrada de Vesta, deusa do fogar. Abandonan a
familia entre os seis e os dez anos e viven os
trinta anos seguintes ó lado do templo.
Non se lles permite casar. A diferencia do resto
das mulleres non teñen que obedecer ó
pai. Os homes trátanas con respecto e incluso
os mellores asentos para os combates de gladiadores
están reservados para elas.
Mesalina, chámome Scintillia e o meu
marido quere adquirir unha domus ¿que me
aconsella para darlle ideas?
- Scintillia, a última moda está
nunha elegante domus que dispoña dun vestíbulo
de estilo clásico ou piscina decorativa,
salón acolledor, cinco dormitorios (esto
depende do número de persoas), un espacioso
xardín con anchos camiños de terra
cubertos e un altar para os deuses lares. E luxosas
instalacións: calefacción central,
subministro propio de auga, cociña e baño.
Pódela decorar cun mosaico cheo de colorido
con pedra e vidro sobre unha base de xeso. A mellor
decoración serían escenas de cacería
tanto en figuras como en motivos decorativos.
Receita
para a semana
"Refrixerio de caracois"
-
Terá que preparar os caracois cunha semana
de antelación.
- Escolla só os máis saborosos.
- Precisará uns dez por persoa.
- Non esqueza limpar ben a casca.
- Deixe os caracois nunha ola con leite ata que
estean gordos e zumentos.
- Frítaos en aceite e sírvaos quentes.
Silvia
Míguez, Silvia Varela e Eva Saavedra
1º de Bacharelato
|
|