| |
Nós
recomendamos a...
Lupe Gómez
Lupe
Gómez: Poesía fea, Ed. Noitarenga,
2000.
Gustaríame
recomendar este libro a todos aqueles que teñades
unha visión errada do que é a poesía
e tamén ós que non. A obra está
composta por unha serie de breves poemas de entre
tres e oito versos, nos que o principal tema que
se pode apreciar é o amor, o amor que a
autora sente polas cousas, pola vida, expresado
tanto facendo gabanzas delas, como criticando
sen ningún reparo aquelo que as destrúe,
as dana: "Este libro titúlase Poesía
Fea contra o bonito, o doce, o que non ten forza.
Contra a cultura da imaxe, tan hipócrita
e horrible e falsa" -dinos na introducción.
De comezo, a forma de expresarse pode parecer
un tanto bruta, pero é en realidade como
son as cousas e como as deberiamos de dicir todo
o mundo. Ela quérenos facer ver, sentir
a rabia que a posúe fronte a determinados
temas e opino que non se pode expresar mellor.
Defende argumentos que lle preocupan, vese que
ten moi claro o que quere, pensa e opina sobre
a sociedade, a muller e os seus problemas:
| |
Debéramos
falar máis
de sexo.
Con naturalidade.
Como cando
lavamos o pelo. |
Obsérvase,
séntese claramente o amor que ten por Galicia
, a súa terra natal e como a defende polos
catro costados, pero fai coa crítica da
nosa sociedade, amosando o hipócrita que
é e o mal organizada que está. Intenta,
con estas críticas, dicirlle ó mundo
o equivocado que está e como o empeoramos
todo, cada día máis, sen intentar
melloralo, nin sequera falamos ou nos rebelamos
nos momentos máis oportunos. Quere con
isto espertar á xente, dicir que todo é
unha farsa e que hai que loitar polo que se quere.
Vaian outros dous exemplos do que digo para abrir
boca:
| |
Serei
libre
o día triste
que teñamos corazón.
-------------------
Nesta
sociedade
hai moitos
micrófonos
para que ninguén
diga nada.
|
Ana Rouco
(4º de ESO)
|
|