| |
Entrevista
a Paco Lareo
Os
inicios, a vocación
¿Cre que a súa infancia lle marcou
un pouco o sendeiro polo cal se había guiar
unha vez maduro?
Creo que a familia é a célula
máis importante de toda a sociedade, dende
logo que si, creo profundamente que eu coma calquera
persoa que nace nun espacio decide desde xa antes
de nacer as sensacións dunha cultura básica,
da profundidade da dun pobo como é a nosa
rural e eso lévalo toda a vida por diante.
Nacín nun seo familiar de artesáns,
de ferreiro. A s miñas mans puxéronse
a facer cousas dende moi pequeno inclusive cheguei
a pensar que a axilidade das mans ten que ver
coa intelixencia. Con doce anos xa fixen unha
estatuíña.
¿Por que elixiu esta profesión?
Non a elixín, case nunca elixo, sinto a
necesidade de facelo pero non de cara a un triunfalismo,
porque eu non busco éxito. Son unha persoa
que teño os mesmos vicios e virtudes que
calquera e, por exemplo, en canto ó protagonismo
e ó triunfalismo non é exactamente
o programa da miña vida. Síntome
moi afortunado porque traballo naquelo que me
gusta e eso é para min tan importante que
é se acaso o máximo galardón
que recibín do creador.
¿Que pensou a familia sobre a súa
vocación?
Nunca tiven a oposición da familia.
¿Viviu sempre aquí en Galicia?
Non, ata os 15 anos estiven en Galicia e logo
marchei para Madrid.
¿Por que razón tivo que marchar?
Pola razón de facerse artista.
¿Marcouno en algo a emigración?
Claro que si, marchei moi novo, prácticamente
a mellor época dun ser humano paseina fóra
de España. Pero no que máis me marcou
foi en aprender a valorar o noso país.
Non sabía que era tan importante, que tiña
esa calidade de fermosura, que a nosa xente é
de corazón aberto e tamén comprendín
a necesidade de facer cousas para mellorar o noso
coñecemento.
A
obra, o artista, o home
Imos
poñernos no caso de que eu non coñezo
a Paco Lareo; ¿como se definiría?
Definirse un mesmo non pode, non debería.
O único que podo resaltar é que
eu polas mañás cando me levanto,
despois de observar que espertei e que teño
un día por diante, saco unha bandeiriña,
é a bandeiriña de tonto; porque
vexo que é unha palabra que ofende a todo
o mundo e considero que é tan común
ser listos que non me vale, prefiro ser tonto.
¿Sempre desexou ter e ser o que actualmente
ten e é?
Nunca mo planteei como un desexo, senón
como un estímulo, unha necesidade.
¿Foille doado conseguir o que ten?
Non, pero considérome unha persoa filla
do amor e con sorte.
Vostede é pintor e escultor pero, ¿qué
é o que máis lle gusta?
Onde son máis feliz é na escultura,
onde máis sufro é na pintura.
¿Cal é o seu artista preferido?
Prefiro buscar dentro de min, o resto son referencias.
¿Como consegue inspirarse?
Polo regular, o exercicio das artes ten que ser
diario. É un exercicio diario. Eu remataríache
dicindo unha frase de Picasso: "A inspiración
se existe que me pida traballar"
¿En que ano e onde presentou a súa
primeira obra?
En 1953, en Santiago, nunha pequena exposición
no colexio Peleteiro.
¿Cal foi a súa obra máis
importante e coñecida?
Titúlase A deusa de Vulcano
¿Cal foi a súa última
obra?
Será o meu cadaleito.
¿Realiza algunha outra actividade ademais
da pintura e a escultura?
Atendo á miña condición de
director da Solaina: a parte administrativa, a
de conservación do espacio e a atención
ás relacións públicas.
¿Como considera que está actualmente
o mundo desa arte á que lle dedica a súa
vida e o seu tempo con énfase?
Eu diríache, así de maneira graciosa,
que está coma unha moto, porque a verdade
é que algunhas veces me asombro dos brincos
que pillamos principalmente o noso rural galego,
que aínda non saímos do arado de
pao e xa estamos en Internet.
A Solaina: orixes, organización,
actividades, obxectivos...
Segundo
os meus datos o Museo da Solaina fundouse no ano
1984 e legalizouse no 94. Fálenos un pouco
dos factores que axudaron e interviron para que
puidera xurdir.
Primeiramente chamouse Fundación o
Labrego, logo Solaina Bohemia de Piloño.
O factor está dentro dela. Intenta crear
en Piloño un espacio para as artes en liberdade.
¿Que había antigamente no que
é hoxe A Solaina?
Era unha palleira de estructura arquitectónica
ó lado da casa do labrego para a palla,
orientada cara o surleste, de aí vén
o nome da Solaina, interpretándoo en latín.
¿En que ano se empezou a construír
A Solaina?
En 1893, por Andrés Lareo Vaamonde, nacido
en 1870 na aldea de Ollares.
¿E acabar?
A cultura é o que vén detrás.
Agora o que fai a Solaina é traballar coas
artes. Non se acabou.
¿Como definiría e que significa
A Solaina?
Definiríaa como unha necesidade que non
existe nos seus arredores.
Á parte, para min, primeiro foi o espacio
no que nacín. Segundo estamos sentados
na forxa que recordo dende neno. Foi onde despertei
e é un sentimento imborrable. Agora mesmo
parece que estou escoitando contos a través
das pedras da forxa. A Solaina para min unhas
veces fai de nai, de muller, fai de amor, ese
sentimento quente que todos os seres humanos temos
e que cadaquén adícao ó que
sente nese momento.
¿De cantas partes consta a Solaina e
para que serve cada unha delas?
A Solaina propiamente dita, a forxa, a Solaina
Filla, Eira de mallar, o baixo da Solaina Nova,
o ático da Solaina Filla. A forxa está
sen terminar e serve para traballar no inverno.
A Solaina Filla é un lugar de exposición
permanente, para conferencias, concertos e teatro.
A Solaina é un lugar de exposición
permanente de obras de arte.
¿Cal desas partes é a máis
antiga e cal a máis nova?
A máis antiga é a Forxa e a máis
nova é a Solaina Filla.
¿Cal é o obxectivo fundamental
da Solaina?
Promover e divulgar a cultura dentro e fóra
da nosa autonomía.
¿Ten relación con outros países?
Si: Alemaña, Francia, Inglaterra, Italia,
Portugal, Arxentina, Venezuela e diversas autonomías
de España.
En 1997 pasaron exactamente 3325 visitantes.
Coméntenos
un pouco a estatística deste ano.
Desbordouse, duplícase en relacióna
outros anos, moitísima asistencia. Un novo
fenómeno apareceu, os colexios intentan
facer un taller de debuxo. Estou moi contento,
pero tamén aumentan os compromisos.
¿Quen forma a directiva da Solaina?
Armindo Salgueiro (vicepresidente); Carmen Lareo
(secretaria);José Bispo Montero, Javier
Vázquez Parcero, Damián Paio e o
presidente da Asociación de Veciños
como patrono; e eu como presidente.
¿A maioría das obras que se expoñen
son súas ou doutros pintores?
Doutros. Exponse unha obra por autor.
¿Están en venda?
Non ,non se vende, a non ser que sexa en consenso.
¿Que outros artistas mostran a súa
arte aquí?
Moitos: Laxeiro, Sucasas, Lamazares, Guerreiro...
Pero ademais de cadros e esculturas ten tamén
na Solaina expostos obxectos antigos, fálenos
un pouco deles.
Estanse preparando para unha exhibición
permanente onde estarán obras de interese
histórico.
Se non estou mal informada, a Solaina ten socios
¿hai moitos?
150
Por aquí, como é de supoñer,
debeu pasar moita xente importante.
D e todos os niveis, tanto políticos como
culturais: Fraga, Alfredo Conde, Vázquez
Quintol... As visitas que máis estimo son
as do contorno.Neste ano pasado estiveron Avelino
Poussa Antelo, Xosé Luna, Vázquez
Pintor, Fernando Vilanova...
Fálenos un pouco das actividades que
leva a cabo A Solaina.
Están todas encadradas dentro dos obxectivos
fundamentais que debe cumprir: Obradoiro das artes,
teatro, forxa literaria, talleres de literatura
e estar aberta ó publico sempre.
Tódolos anos na parede hai unha nova
escultura dunha cara representativa ¿cantas
ten?
Cinco, fanas outros artistas colaboradores
da Solaina.
¿Cal foi a primeira?
A de Laxeiro.
Resúmanos as finalidades das actividades
da Solaina
Promover e divulgar a cultura. Harmonizar o noso
espacio labrego.
¿Decepcionouno algunha vez?
A Solaina nunca me decepcionou, o único
que cometo fallos son eu.
E para rematar, ¿a Solaina é
inmortal ou, pola contra, cre que desaparecerá
cando o sentimento de Paco Lareo desvaneza?
Eso non me pasa nin pola cabeza. Teño
fe de que esto vai seguir.
Patricia
Méndez
4º de ESO
|
|