| |
Excursión
a Pontevedra
"Ó final todo quedou nun susto"
Alumnos
de 3º de ESO partimos cara a Pontevedra sobre
as 09:30 h da mañá do martes día
3 de abril.
O que ía ser unha excusión cultural
chegou a converterse nunha excursión inesquecible.
Camiño de Pontevedra, no concello de Forcarei,
un todoterreo que circulaba en sentido contrario
-dirección Silleda-, cruzouse no camiño
do noso autocar e fixo que envorcase. Dise que
puido ser debido a un exceso de velocidade.
Os primeiros en socorrer ós ocupantes do
autocar foron persoal da empresa Unión
FENOSA e membros dunha gasolineira moi próxima
ó lugar do accidente, ademais da xente
que se atopaba nun bar contiguo á gasolineira.
O persoal de Unión FENOSA prestou en todo
momento a súa axuda ós alumnos accidentados.
Os alumnos e alumnas que estaban no autocar en
xeral saíron ilesos, pero cun shock nervioso.
No autobús encontrábanse os profesores,
que avisaron inmediatamente ó instituto
do ocurrido e o centro púxose en contacto
cos pais dos alumnos para informalos do acontecido.
Tres dos ocupantes quedaron levemente feridos
e foron trasladados a un centro médico;
dous deles proseguiron a viaxe sen problemas co
resto dos compañeiros, pero ó terceiro
tivo que pasar primeiro un recoñecemento
médico. Despois, outro autobús recolleu
os alumnos e continuamos a viaxe cara a Pontevedra
sen máis problemas.
Visitamos o Museo Provincial e o IES Luis Sarmiento,
onde nos mostraron ciclos de Formación
Profesional. O museo atópase situado na
Praza da Leña, lugar onde se pode observar
arqueoloxía, sala de bodegóns, acibeches,
Capela de San Telmo, Sala Románica de Arte
Galega (séc. XVI-XVIII), Debuxo Galego
Sobre as 20:00 h da tarde, regresamos ós
nosos respectivos domicilios. Ó longo da
viaxe de volta todo transcorreu con normalidade.
Pero non queremos rematar sen unha crítica:
"Conductor = velocidade". Porta con
porta, veciño de Silleda interrompeu a
estrada polo son dun móbil; tamén
exceso de velocidade, e baixou do coche sen mirar
polos demais, só preocupándose de
quen o chamara e do coche. Despistes como este
poden matar a moitas vidas. Afortunadamente, un
susto comparado coa velocidade.
Cecilia
Rey, Cristina San Martín, Daria Begoña
Peña
3º ESO
|
|