páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

¡Que semaniña por Salou...!

Sábado día 31 de marzo do 2001: 07:00 h da madrugada; diante do instituto de Vila de Cruces. ¡Alumnos de 4º e 1º de Bacharelato, embarquen nos autocares de Meijide e Travidi! ¡Abrochen os cintos, e…, saída da rotonda con destino a Salou! ¡Que emocionante! ¡Por fin chega o día, despois de tanto traballo! ¡Un soño cumprido! Todo un día de autobús por diante, pero que sería fácil de aturar gracias á euforia e ó desexo de chegar á localidade catalana de Salou, onde nos agardaba unha semana chea de aventuras e diversión.

O certo é que se fixo unha xornada de autobús moi longa, despois da anécdota ocurrida na cidade de Burgos, onde un malvado ladrón rouba no autobús un discman que era propiedade dun dos nosos, pero que volveu intacto ó lugar de partida, tras o valente rescate que fixo o formidable conductor correndo detrás do ladrón. Foi un día moi longo e cargado de ansiedades.

Non foi igual o día seguinte, unha xornada totalmente libre, na que cadaquén se organizou ó seu antollo e disfrutou da maneira que máis lle apeteceu. Era o momento de gozar do hotel, das súas piscinas, tanto a exterior como a climatizada, e da cercana praia, pois o tempo acompañou e o sol presentouse cun sorriso radiante.

Luns e martes, dous días iguais pero insaciables, dous días simétricos, onde o eixe de simetría foi a fabulosa e disfrutable noite, pero dous deses días que calquera soña; o motivo é Port Aventura. Un mundo cheo de diversión inimaxinable, onde se atopan unhas barreiras que impiden o aburrimento.

Non faltaron tampouco dúas xornadas de visitas culturais, que foron o mércores e o xoves, a Barcelona e a Tarragona, respectivamente. Moito que ver e descubrir; o resultado foi moito coñecido, pero moito por coñecer.

Venres, día 6 de abril, 09:00 h da mañá. As lágrimas eran as raíñas da paisaxe; a fabulosa e inesquecible viaxe chegara desgraciadamente á súa fin. Era xa a hora de subir ó autobús para voltar á nosa Galicia, da que había certa morriña, pero poucas ganas de volver; a morriña trocouse en pena por Salou, pero en fin, tódalas cousas chegan á súa fin, por sorte ou por desgracia, máis ben. Tratouse dun longo día cargado de autobús, onde a cidade militar de Zaragoza acolleu por un anaco ás pegadas dos pobres galeguiños de Vila de Cruces, que voltaban á casa; foi un tempo de tranquilidade e con caras de tristeza, onde o que gobernou no autocar foi o silencio, causado polo sono acumulado de toda a semana e pola tristeza de deixar atrás unha chea de aventuras inesquecibles.

Non podemos ocultar que foi unha semana de "choio", por dicilo así, para os médicos cataláns: unha meiga estaba co noso instituto na excursión, pois non paraban as diarias viaxes ó centro médico de Salou e ó hospital de Tarragona; foi a mala sorte que influíu na saúde e nos incidentes. Non faltaron tampouco denuncias dos nosos excursionistas, pois sempre acordará a anécdota das rapazas de Salou que agrediron e roubaron ás nosas alumnas.
Do hotel, nada bo que dicir; ¿quen se imaxinaba que estariamos durante unha semana comendo comida lixo en pratos sucios e bebendo en vasos sen lavar? Pero todo isto non quedou así, pois tralas reiteradas protestas de profesores e conductores -tanto do noso instituto como doutros que se aloxaban no hotel- ó director do hotel, chegouse a pedir unha folla de reclamacións, que foi cuberta unha vez chegados da excursión, e enviada a Pontevedra para meter o asunto en mans da xustiza.

Por outra banda, podemos falar do sentimento de grandeza que reinaba nos nosos excursionistas, pois a estancia foi nun hotel no que dominaba Galicia. ¿Quen pensou que habería cerca dunha ducia de institutos de Galicia no mesmo hotel e nos mesmos días?. Vila de Cruces, Santiago, Pobra do Caramiñal, Muros, Carballo, Fonsagrada, Vigo, Valga ... ¡VIVA GALICIA! ¿Que ías dicir senón?, ¿quen non entendía o galego naquel hotel?...

E para rematar, como é obvio, ¿por que non falar do comportamento xeral? É un orgullo poder dicir que os setenta alumnos deste instituto mostraron un comportamento exemplar, de unidade común e irmandade e deixando unha boa imaxe de educación. ¿E os profesores? Nada que dicir por parte dos alumnos; a actitude dos profesores foi inmellorable e inesquecible, a pesar de todo o que tiveron que sufrir despois de tantos incidentes e de tanta movida. Como conclusión, os alumnos moi contentos e agradecidos cos profesores, e os profesores, sen queixa ningunha dos alumnos: ¿algunha maneira mellor de rematar unha excursión? ¡Profesores e alumnos, toda unha unidade!

David Fiuza
4º ESO

 
  Índice Arriba