| |
Ruta
de sendeirismo
Camiñar
é o medio básico de desprazamento
que temos os seres humanos e unha actividade moi
sa que debemos practicar a cotío. Actualmente,
os nosos hábitos sedentarizáronse,
estamos perdendo o costume de desprazarnos a pé
incluso para pequenas distancias. Camiñar
axudaranos a mellorar a nosa saúde, coñecer
sitios de interese e facer amigos. Por todo esto,
debemos incluír o sendeirismo como unha
actividade necesaria no noso tempo de lecer; ademais
xa se sabe aquelo de Mens sana in corpore sano.
Para facer sendeirismo só tes que quedar
con algún amigo, marcar unha ruta que che
interese e poñerte a camiñar, ¡ánimo!
A
ruta que nós fixemos o sábado día
19 de maio, de 9 quilómetros, foi esta:
Ferry (Cortegada) - Outeiro - Arxe -Encoro de
Portodemouros - Fervenza das Hortas.
Esta
ruta é un agradable paseo, bonita e boa
de facer. Ó seu comezo, no alto, contémplanse
excelentes vistas panorámicas do encoro;
continúa baixando cara Arxe por camiños
entre os piñeirais ata os criadeiros de
troitas. O camiño transcorre agora á
beira da auga, cruza o río Ulla polo dique
e, unha vez na outra marxe, baixa entre aldeas
ata chegar á fervenza das Hortas. Fermosa
camiñada, en fin, na que a principal mestra
foi a natureza. ¡Moitas gracias!
|
|