páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

Xogomanía

Nesta sección falaremos das últimas novidades de tódalas plataformas e os seus xogos.

Playstation: a vella consola de SONY aínda segue en activo, gracias á compañía SQUARESOFT, que sacou o último xogo da saga "final fantasy". Esta consola segue a dar bos resultados. Os seus mellores sxogos son:
-Iss Pro Evolution 2 (un dos mellores xogos de fútbol)
-Metal Gear Solid "Continuation" (sen dúbida o mellor xogo de play)
-Final Fantasy IX (xogo de rol, se che gustan este é o mellor).

Dreamcast: esta consola con 124 BITS e conexión a Internet é un fracaso. SEGA deixou de fabrica-la súa consola para realizar xogos para outras. Os mellores son os seguintes:
-Virtual striker 2 (fantástico xogo de fútbol)
-Virtual Tennis ( o mellor xogo de tenis)
-Crazy taxi (se che gusta a velocidade este é o teu xogo)
-Shenmue (o xogo máis realista da dreamcast)

Playstation 2: esta potente consola de 124 BITS con DVD está a se-la revolución do novo milenio, superando en vendas á anterior. Vale moito, pero merece a pena pagar 70.000 pesetas por ela. Aquí temos unha lista dos seus mellores xogos:
-Gran turismo (gran simulador de coches)
-Fifa 2001 (o mellor xogo de fútbol desta consola)
-NFL 2001 ( o primeiro xogo de fútbol americano para esta consola)

Nintendo 64: séguenos a deslumbrar polos seus bos resultados, facéndolle competencia á Playstation 2. Un dos seus mellores xogos é Zelda Majora's of mask. O peor dela é o alto prezo dos seus xogos, que chegan a valer case tanto como a propia consola.

E, por último, a Game Boy Color: o pokemon ouro/prata están arrasando e xa levan vendidos máis de 1 millón de unidades. Está a sacar moitos accesorios, como, por exemplo:
-O cable Game Link (para xogar un contra outro)
-Vibration Pak (para que a túa Game Boy vibre)
-Mochila (para leva-la túa Game Boy a calquera parte).

Gracias por le-la nosa sección.

Jayro Becerra, Rubén Jordedo e Iván Arias

 
  Índice Arriba