páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

Suplemento Latino
Orixes do Horóscopo

 
     
  Os nosos campesiños e mariñeiros coñecen ben o efecto que ten a Lúa sobre os cultivos e as mareas. Xa na antigüidade deduciron que outros astros tiñan que influír sobre a Terra. Así, a Astroloxía tivo moito éxito e ata foi aceptada durante moito tempo pola Igrexa. O horóscopo, no que están presentes moitas lendas da relixiosidade grega, é unha forma popular de manifestación astrolóxica. A continuación explicamos cáles son as orixes de cada un dos seus signos.  
     
  Capricornio (22/1-19/1)
É o signo da cabra Amaltea, que lle deu o seu leite ó neno Zeus cando súa nai o escondeu en Creta para salvalo do seu pai Cronos. Zeus transformouna en símbolo de abundancia. Os capricornio son constantes nas amizades, nos ideais e no amor. Os seus esforzos son sempre recompensados pois Zeus quedou agradecido.
 
     
  Acuario (20/1-19/2)
Representado polo mozo Ganímedes, que foi raptado por Zeus en forma de aguia e levado ó Olimpo; nos banquetes era servidor do néctar que facía inmortal a quen o bebía. Por iso os acuario son inconformistas, xa que aspiran a semellarse ós deuses.
 
     
  Peixe (19/2-20/3)
Represéntase coa figura de dous golfiños, que unha vez salvaron a Afrodita e a Eros de Titón. Por iso os peixe son volubles coma a auga en canto ás cousas superficiais, pero de sentimentos profundos coma o océano.
 
     
  Aries (21/3-19/4)
Hele e Frixo, fuxindo de Ino, escaparon de Tebas sobre un carneiro de ouro. Hele morreu afogado (Helesponto) e Frixo inmolou o carneiro a Zeus. A pel ou vélaro de ouro, protexida por un dragón, confirmaba o poder de quen a conquistase. De aí que ós aries lles guste o poder e desafíen o perigo.
 
     
  Tauro (20/4-20/5)
Trátase do touro no que se transformou Zeus para seducir a Europa. Con ela sobre o lombo chegou a Creta onde a amou. Os tauro son apaixonados no amor e gústanlles os lugares exóticos, aínda que non escapan do traballo.
 
     
  Xemelgos (22/5-22/6)
Castor -mortal- e Pólux -inmortal- eran fillos de Leda. Cando Castor morreu, Pólux quería seguir a mesma sorte. Zeus colocounos no Zodíaco para que permaneceran sempre xuntos. Os xemelgos tenden á inmortalidade, por iso non lles gusta a rutina e desprezan a vulgaridade.
 
     
  Cáncer (22/6-22-7)
Representado polo cangrexo que, por instigación de Hera, mordeu a Hércules, cando loitaba contra a hidra de Lerna, para estorbalo na loita. Os cáncer, coma Hera, defenden con forza o seu fogar, a familia e as tradicións.
 
     
  Leo (23/7-22/8)
O león de Nemea era invulnerable ás frechas. Hércules afogouno coas mans e fixo da súa pel unha coiraza. Os leo teñen sorte e son ambiciosos no traballo, atractivos e bos amantes.
 
     
  Virxe (23/8-22/9)
Astreia, filla de Cronos, rompeu a chorar cando rematou a idade de ouro. Cronos púxoa no Zodíaco como símbolo do paraíso perdido. Os virxe degoiran a idade de ouro, polo que son traballadores e meticulosos.
 
     
  Libra (23/9-23/10)
Temis, de gran sabedoría, foi respectada por todos os deuses. Os pratos da balanza indican que non é parcial. Os libra aman as artes e a beleza, así como a ledicia e o pracer.
 
     
  Escorpión (24/10-22/11)
Artemisa apaixonouse por Orión, un cazador que polas noites corría polos bosques co seu can Sirius. Como non lle correspondeu, mandou un escorpión para que o matase. A constelación de Orión ten unha estrela que destaca: SIRIUS. Os escorpión son intelixentes, intuitivos e fieis no amor.
 
     
  Saxitario (23/11-21/12)
Trátase dun centauro, fillo de Cronos e da oceánide Flira. Destacaba pola súa intelixencia e sabedoría. Foi preceptor de moitos heroes como Aquiles,Ulises…Os saxitario gozan, pois, ensinando e aprendendo e tamén, debido á súa parte animal, son ávidos de amor e pracer.
 
     
  Índice Arriba