| |
As
movidas de María
(Capítulo II)
(No
capítulo anterior: No medio dunha discusión moi
forte dos seus pais María foxe da casa e refúxiase
na praia, onde Brais, o rapaz máis cachondo do
Instituto, lle aconsella que regrese e aclare
as cousas con eles. Finalmente, seus pais divórcianse
e ela ten que se ir a 1500 quilómetros da súa
casa habitual)
Como
cambia a vida, como xira, como sen darnos de conta
pasamos de telo todo a non ter nada. Así
me sinto eu, perdida en min mesma. Todo está
diferente, destruído... xa non son a típica
rapaza feliz dun matrimonio unido, senón
a trotamundos que de acá para alá,
nun matrimonio fracasado.
¿Que era de esperar? A evidencia estaba
ben clara: meus pais separáronse, miña
nai obtivo a custodia e nestes momentos, entre
lamento e lamento, escribo as miñas penas
a tantos quilómetros de distancia do meu
verdadeiro fogar. Estou a sufrir moito, non aguanto
que o mozo de miña nai, ou amante, pois
á fin e ó cabo xa o era cando aínda
estaba con meu pai, me dea ordes e me mande traballar
coma unha escrava. Xa me resulta bastante traumático
todo como para descubrir que, ademais, ten un
fillo, un rapaz un ano maior ca min (chámase
Miguel), que é insoportable e faltón,
que me enreda en toda canta lea se mete el e,
por riba, sempre acabo apandando eu.
Cansa de todo, da vida que levo, penso tanto...
Non logro comprender cómo miña nai
nin sequera intenta escoitarme, como non me cre.
Todo o que os outros dous lle din para ela é
a única verdade. Está cegada e por
máis que intento espertala non o logro.
Teño medo, as cousas non se están
a poñer moi ben que digamos, as rifas son
comúns nunha casa na que todo o mundo está
maldito. Maldito para min por culpa deste padrasto
que nin sequera o é e que está a
xogar con lume.
Hai cinco semanas que comecei a escribir no diario,
contando o desastre familiar que me envolve e
a situación na que me atopo nestes momentos.
Quixen que pasase todo este tempo para crer que,
polo menos, había de pasar algo bo, pero
como puiden comprobar non foi así...
Resulta que o outro día estaba a fregar
na cociña e o meu padrasto estaba mirando
na televisión pois, como non traballa,
non ten outra cousa mellor que facer. Entón,
cando acabei vai el e entra refregando ben os
pés contra o chan; cando terminou de deixar
o seu selo distintivo, díxome: "Xa
sei que non che gusto, pero ti a min tampouco,
así que escoita, mentres vivas baixo este
teito vouche facer a vida imposible, pois como
xa sabes túa nai sempre me crerá
a min". Quedei tesa coas súas palabras,
¡non o podía crer, era un miserable...!
Pola noite non me faltou tempo para contarllo
a miña nai e ela, en vez de defenderme,
púxose de parte del cualificándome
de inmadura e infantil. ¿Que podía
facer?
Cando chegou a media noite e todos durmían,
Miguel entrou na miña habitación
e colleume polo pescozo berrándome "¡Estás
morta, acabarei contigo!" e logo liscou.
Co sobresalto aínda no corpo ábrese
de novo a porta e aparece o noxento do mozo de
miña nai, que me susurrou ó oído
"Xa cho advertín, fareiche a vida
imposible". Miroume de arriba a abaixo e,
rindo, soltoume: "Bonito corpo, si señor,
igualiño ó da túa nai. Espero
que o pasemos tan ben xuntos, en fin, temos moito
tempo". Acabou de dicir esto e desapareceu...
Quedei moi ferida, lamentando a que porco estaba
arrimada miña nai, así que non o
pensei dúas veces: collín as maletas
e recollín ata o último detalle
da miña habitación. Tiña
un obxectivo que cumprir, marchar o antes posible.
Ó día seguinte, mentres miña
nai e o meu padrasto se duchaban, entrei na habitación,
collín a libreta de aforros e algún
billete que había na mesa de noite para
levar solto na carteira, cerrei con coidado e
saín de alí. O aparvado de Miguel
durmía, así que todo resultou bastante
sinxelo. Aproveitando que había unha lista
coa compra que había que facer, tomei como
escusa este recado e escribín unha nota
que dicía: "Vou no supermercado. Non
tardarei". E deste modo emprendín
unha fuxida que tiña como destino a casa
de meu pai.
¿Logrará
María os seus propósitos?
¿Que opinará o seu pai?
(Continuará...)
Maite
González
1º Bacharelato
|
|