| |
¡Xa
temos nome no Instituto!
Como xa todos sabemos, o noso centro foi bautizado
durante este curso baixo o nome de IES "Marco
do Camballón", así que ¡noraboa!
Pero
¿que é o Marco do Camballón?
Pois esta é a denominación que recibe
o poboado de monumentos megalíticos que
se sitúa no monte do Camballón,
máis concretamente de cara a Oirós.
No Marco do Camballón rexístranse
quince mámoas, que datan do ano 4.000 a.C.,
aproximadamente, sendo dolmens simples, e que
polo tanto son exemplos do primeiro megalitismo
galego. Entre todos estes túmulos achouse
un de maior curiosidade ou interese, xa que contén
un dolmen de cámara poligonal, con tendencia
circular, formada por sete ortostatos.
Logo de varias investigacións arqueolóxicas,
por parte do Departamento de Arqueoloxía
da Universidade de Santiago, atopouse nun dos
ortostatos unha serie de gravados en forma de
serpe e un motivo solar, pero tamén apareceron
obxectos dos nosos antepasados da cultura celta
como restos cerámicos, tanto lisos como
campaniformes, un disco perforado, e unha serie
de pequenas pezas de ouro; por isto, algúns
estudiosos consideran que o tóponimo de
Oirós ten que ver con ouro, debido a tales
descubrimentos entre o solo.
¿Que
sabes dos monumentos megalíticos
?
Os monumentos megalíticos son froito do
pobo celta, que é a cultura da que descendemos
todos os galegos e, como sabes, os celtas eran
un pobo que asentou en Galicia no século
VIII, máis ou menos, sendo a etapa anterior
ó esplendor do Imperio Romano.
Dentro deste preciado e valioso legado distinguimos
tres tipos: os dolmens, as pedrafitas e os círculos
líticos. Os monumentos atopados no Marco
do Camballón correspóndense todos
eles, como dixemos anteriormente, con dolmens
simples, que son os máis comúns
descubertos en Galicia; estes adoptan un carácter
funerario: neles facíanse enterramentos
colectivos, pero, ademais, servían como
elementos delimitadores do territorio da propia
comunidade, motivo polo cal adoitan aparecer en
lugares altos ou cumes de montes e tamén
á beira de correntes de auga.
Sería interesante que pasaras polo Marco
do Camballón para descubrires por ti mesmo
ese legado que nos deixou o pobo celta vinteoito
séculos atrás, para que comprobes
en que lugar tan interesante vivimos, que afortunados
somos e, tamén hai que dicilo, que pouco
coidamos ás veces o que temos
David
Fiuza
1º Bacharelato
|
|