páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

¿Quén dixo que ó IES "Marco do Camballón"
só se vén a estudiar?

Parece ser que só se vai ó insti a aprender o que é o H2SO4 , o ciclo de Calvin ou a España Medieval; pero, ademais diso, no noso centro estanse dando unha serie de iniciativas por parte dalgúns profesores/as e alumnos/as que fan que a vida nel sexa máis "enrollada".
Dende o ano pasado empezáronse a facer excursións a canto sitio había (París, Madrid, Salou,...) e este ano vaise polo mesmo camiño. Ademais, temos "música", posto que contamos cun grupo musical formado por 36 estudiantes do centro e dirixida por David Fiuza. ¿Parece pouco? Pois seguimos logo: unha proposta de crear unha revista do centro na que participasemos todos e... ¡BOOM! todo un éxito, velaquí o seu número dous.
Por outra banda, posto que a tecnoloxía avanza cada vez máis, contamos cunha serie de hackers dentro do IES, un grupo de profesores/as, que xuntos están levando a cabo a construcción dunha web, para que ti despois poidas resolver as túas dúbidas acerca do centro, expresar a túas opinións, participar en concursos,...
E nin falar xa de cando fixemos a primeira folga do IES "Marco do Camballón", percorrendo as rúas de Vila de Cruces ata chegarmos ó concello... A verdade é que foi abraiante, porque o alcalde da vila, Xesús Otero, abriunos as portas do concello e mandounos para a Sala de Xuntas, onde nos manifestou o seu apoio e mesmo se desprazou ata o centro para visitar as infraestructuras.
Xa para rematar, os representantes dos alumnos no Consello Escolar, Javier Iglesias e José Ángel Castro, estamos levando a cabo un proxecto para crear unha Asociación de Estudiantes, coa finalidade de integrarse máis activamente na Comunidade Escolar, logrando así, estar máis informados, reivindicar mellor os dereitos do alumnado, organizar actividades, evitar abusos e arbitrariedades e colaborar na obtención dunha mellor calidade na ensinanza.
Para poder formar esta Asociación necesitamos saber se contamos co teu apoio. ¿Afíliaste? Pois veña, manda a túa solicitude a Asociación de Estudiantes, R/ Camballón, nº 24, CP 36590, Vila de Cruces, Pontevedra. Inclúe todas as opinións que queiras sobre o seu nome, representantes ou o que se che ocorra. Contamos contigo.
E despois de todo isto... ¿aínda segues opinando que no "Marco do Camballón" non hai movida?

Javier Iglesias
2º Bacharelato

 
  Índice Arriba