| |
Nós
recomendamos a...
Roberto Salgueiro
Roberto
Salgueiro González: Eliana en ardentía
ou Bernardo destemplado, Ed. Xerais, 2001,
61 páxs.
¿Como
andades de traballo? ¿Agobiados? ¿Ata
arriba? Pois eu vouvos propoñer unha solución
para desconectar, aínda que só sexa
un anaquiño: Eliana en ardentía
ou Bernardo destemplado. É unha peza de
teatro, concretamente unha comedia, cunha temática
erótica e amorosa. Nela, unha desfogado
mozo de Verona chamado Bernardo ándalle
a facer as beiras á unha nova "víctima",
a virxinal Eliana que, axudada pola súa
criada Rosalía, vai intentar que o encontro
amoroso entre os dous excitados amantes sexa perfecto.
O mellor toque de comicidade vén da man
dunha vella "báltica", a cotío
enfurecida por mor das desfeitas ocasionadas polo
protagonista na súa horta.
A obra en conxunto ten certas resonancias da Celestina
de Fernando de Rojas, pero entrando nos detalles
é totalmente diferente. E ademais, seguro
que non vos esperades ese final tan... ¿asombroso?
¿cómico? ¿paixonal? Opinade
vós mesmos sobre isto, deixo a resposta
no aire.
Roberto Salgueiro ganou con esta obra o "Premio
Álvaro Cunqueiro de Teatro" no ano
2000 e representouna coa súa propia compañía
no 2001; e non foi este o seu primeiro galardón,
posto que xa se introduciu no mundo dramático
cando era moi novo levando a cabo diversas actividades
na Aula de Teatro da Universidade de Santiago,
que actualmente dirixe. É tamén
autor doutras pezas como O arce no xardín
e de varios ensaios sobre o teatro.
Con todo isto non pretendo outra cousa que animarvos
a ler esta obriña que de seguro que vos
fará pasar un bo anaco.
Ana
Rouco
1º Bacharelato
|
|