páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

Supersticións

Seguro que moitas veces oíches ese dito de "en martes nin te cases nin te embarques", ou que o número trece e a cor amarela dan mala sorte, etc, etc. Neste sentido, a cultura galega é moi rica. Dende sempre estivo marcada polas supersticións, agoiros,... que non xorden de calquera maneira, todos teñen unha razón.
Quizais os agoiros máis importantes ou abundantes na cultura galega sexan os relacionados coa morte. É agoiro oír cantar un moucho ou ouvear o can pola semellanza cos choros. Tamén de mal agoiro son os corvos, por seren negros, coma a cor do loito. Moitos destes presaxios, en certo modo, están relacionados coa relixión, por exemplo: "en martes nin en venres non te cases nin te embarques"; xa que logo, martes é o día de Marte, deus romano da guerra, e o venres, segundo a Biblia, foi o día no que morreu Xesús.
O número trece ten fama de traer mala sorte; o motivo é que o día da "última cea" estaban Xesús e mais os doce apóstolos, e tampouco tivo un bo final.
Durante a Idade Media ós gatos negros matábanos e/ou queimábanos, porque dicían que eran reencarnación de meigas ou axentes do demo.
E o de poñer o pan cara abaixo non é nada novo, pero iso ten xa outra explicación: miña madriña dicía que era para que cando se daba pousada a un descoñecido, se desconfiara del, que os da casa "estivesen ó loro".

Ana Mª Vilariño
3º ESO

 
  Índice Arriba