páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

Baños da Brea

Descrición das instalacións
O hotel balneario Baños da Brea (Paradela, nº 4, Merza, Vila de Cruces) é un hotel dunha estrela con capacidade para 68 persoas. Dispón de un salón, cafetería, restaurante, terraza de verán, fío musical, televisión, teléfono en tódalas habitacións, calefacción, aparcadoiro e caixa forte.
Da zona de baños, podemos destacar que a auga termal que se usa está indicada para afeccións dermatolóxicas, reumatolóxicas e respiratorias. Danse baños de hidromasaxe, chorros, masaxes de todo tipo, parafangos, duchas circulares, cámara a vapor, inhalacións...
Así mesmo, dispón de ascensor, rampas para minusválidos e comedor con capacidade para 100 persoas. Posúe servicio de habitacións 24 h, dietas específicas recomendadas polo médico do balneario e monitor de exercicio aeróbico.

Breve historia da empresa
Os datos máis antigos deste manantial datan do século XI, cando a súa auga era usada polos benedictinos de Carboeiro. Noutros documentos do ano 1874 incitábase ós empresarios de entón a construír un balneario, pero a obra non se levou a cabo. O actual balneario foi construído en tempos recentes, pero conserva o aire antigo e respecta o arco das ventás e da porta principal. Na actualidade o seu propietarios é o empresario lucense José Garanoces.
Agora está en obras tanto no interior coma no exterior para a construcción dunha piscina e dun almacén para a cociña.

Actividades ás que se dedica. Servicios que presta
Permanece aberto de febreiro a decembro. Proporciona unha atención profesional e médica (o doutor recomenda dietas a seguir ou exercicios beneficiosos). No referente ós baños hai tratamentos de todo tipo: recuperación de lesións deportivas, tratamento posparto, masaxes terapéuticas, fangos e baños nas augas termais, chorro,etc... Todas as actividades lévaas a cabo persoal altamente preparado.
Conta ademais con lavandería propia e persoal de limpeza de habitacións. Presta, así mesmo, servicio de transporte para os seus clientes, en caso de que estes veñan en avión, autobús ou tren.
Como é previsible, ofrece actividades lúdicas para os residentes: excursións, visitas guiadas pola zona, manualidades, bailes, xogos, etc...

Número de traballadores e funcións
O balneario conta actualmente cun cadro de persoal de 21 traballadores.
RECEPCIÓN: 4 mulleres: dúas secretarias, unha oficinista e a encargada do persoal.
COCIÑA : 3 mulleres: unha cociñeira xefa, unha cociñera e unha axudante de cociña. O seu horario é bastante complicado, posto que entran ás 09:30 h e saen ás 16:00 h, para volver a entrar sobre as 20:15 h e rematar ás 23:00 h.
COMEDOR E CAFETERÍA: 4 traballadores. No comedor 3, dous camareiros e unha camareira, así como a camareira de cafetería. Todos eles, ademais de prepararen as mesas para as comidas, atenden a cafetería a partir das 11:00 h.
ZONA DE BAÑOS: 5 empregados. Son 4 mulleres e un home, todos eles titulados en diversas materias. Hai masaxistas, fisioterapeutas, etc... xa que para poder estar nesta zona deben ter uns estudios básicos sobre o corpo humano e sobre materias relacionadas cos propios baños.
PERSOAL DE LIMPEZA: son 4 empregadas. Unha delas é a encargada da lavandería. A súa tarefa é limpar as habitacións, repartíndose en dous grupos (un para cada zona). O seu horario é de 09:30 h a 13:00 h, excepto a encargada de lavandería que ten horario de 08:30 a 16:00 h.
CONSULTA MÉDICA: neste departamento só traballa o doutor. A súa especialidade é a dermatoloxía.
PERSOAL DE GARDA DE NOITES: nesta zona só traballa unha muller que atende o teléfono pola noite e o servicio de habitacións, ademais de acender as caldeiras.

O traballo que eu realizo é axudante de cociña e auxiliar de lavandería. Na cociña fago as funcións propias dun axudante e de vez en cando axudo ós camareiros a preparar o comedor. Como auxiliar de lavandería realizo tarefas como poñer lavadoras, tender, pasar o ferro, etc... e logo bótolles unha man ás compañeiras de limpeza.
O meu paso polo balneario está sendo agradable. Gústame o que fago e atópome ben entre os meus compañeiros, sen problemas con ningún, xa que todos me axudan no que poden. En canto á dirección do balneario, pórtanse moi ben comigo, tanto o Sr. Garanoces como a miña titora na empresa, a Srta. Rocío González López.


Rosana Calvelo, PGS

 
  Índice Arriba