páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

O noso ciclo formativo: Soldadura e Caldeirería

As instalacións
No CICLO MEDIO DE SOLDADURA E CALDEIRERÍA deste centro dispoñemos dun taller máis ou menos amplo no que hai diversas máquinas para traballar. Este taller está distribuído en cabinas individuais nas que cada un ten o seu material para realizar as prácticas que o profesor de soldadura nos asigna. Á parte delas, existen outras máquinas para uso común como: chafranadora, guillotina, taladro de mesa, etc... Contamos así mesmo cunha bo sistema de ventilación, composto por varios tubos aspiradores que expulsan os gases ó exterior.

As máquinas e os procesos de traballo
· Soldadora eléctrica: Máquina monofásica ou trifásica coa que se solda con electrodo.
· Soldadora de fío: Aparello parecido ó descrito anteriormente (trifásico) que solda con fío.
· Soldadora de TIG: Utiliza como enerxía o arco eléctrico entre un electrodo non consumible e a peza a soldar mentres un gas inerte protexe o baño de fusión.
· Soldeo oxigas: Soldeo por fusión que utiliza a calor producida por unha chama, obtida pola combustión dun gas con osíxeno, para fundir o metal base e unilo co metal de aportación.
· Soldeo por arco con electrodos revestidos: É un proceso no cal a fusión do metal se produce gracias á calor xerada por un arco eléctrico establecido entre o estremo dun electrodo revestido e o metal base a soldar.
· Soldeo MIG-MAG: O soldeo por arco eléctrico con protección de gas, é un proceso de soldeo no cal a calor necesaria é xerada por un arco que se establece entre un electrodo consumible e o metal que se vai soldar.
· Equipo oxicorte: O osíxeno de corte queima o metal prequentado e retira a escoria formada, deixando un canal denominado "Sangría".
· Corte por plasma: Con este proceso pódense obter CORTES de alta calidade a alta velocidade; ademais, a calidade non só se nota desde o punto de vista da forma dos bordos, senón desde o punto de vista metalúrxico, xa que só afecta a unha zona estreita
· Soldadura por puntos: As pezas, xeralmente chapas, quedan soldadas por pequenas zonas circulares illadas e regularmente espaciadas.

Materias do ciclo. Contidos de cada materia Desenvolvementos xeométricos en construccións metálicas: Realizamos planos de pezas que despois podemos levar á práctica no taller.
· Mecanizado en construccións metálicas: Materia na que efectuamos prácticas con limas e outros utensilios sobre platinas metálicas.
· Soldadura en atmosfera natural: Nestas clases realizamos prácticas soldando diferentes materiais con diferentes métodos e posturas.
· Administración, Xestión e Comercialización na pequena empresa: Cómo manexarse nunha empresa, documentos, financiamento, etc
· Relacións no equipo de traballo: Materia na que se tratan asuntos sobre as relacións entre empregados e xefes.
· Formación e Orientación Laboral: Dereitos dos traballadores, tanto en materia de prevención como en contratos e demais cuestións laborais.
· Trazado e conformado en construccións metálicas: Realízanse desenvolvementos e plantillas en chapas metálicas que logo levamos á práctica. Nesta materia tamén levamos a cabo estudios teóricos sobre as máquinas do taller.
· Soldadura en atmosfera protexida: Este tipo de soldadura diferénciase da outra principalmente porque vai protexida por un gas inerte ou activo.
· Montaxe en construccións metálicas: Aquí lévase á práctica o aprendido en trazado e conformado en construccións metálicas.
· Calidade en construccións metálicas: Estudio e control das propiedades: ductilidade, elasticidade, dureza, etc... das estructuras metálicas.
· Seguridade na industria de construccións metálicas: Cómo traballar con seguridade.
· Formación en centros de traballo: Esta actividade desenvólvese fóra do centro de estudios. Realízase nunha empresa que está disposta a formarte durante 3 meses mediante a realización de prácticas.

Con todas estas materias consideramos que este ciclo nos proporciona formación suficiente para unha profesión con moitas saídas laborais, pero cremos que se precisaría máis tempo para conseguir unha formación completa e ampla que non sobra á hora de buscar emprego.


José Manuel Agrelo, José Manuel Amosa, Julio Camiña, Miguel Sánchez, 1º CF

 
  Índice Arriba