páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

¿Eixe do mal?

¿A que se lle pode chamar "eixe do mal"? ¿A catro soldados mal equipados cunha pistola de cazar coellos? Nesta guerra, se se lle pode chamar guerra, hai un atacante claro e un receptor de bombardeos máis claro aínda. ¿Pódeselle chamar guerrilla a un grupo de anciáns e nenos que vitorean levantando as súas pistolas de auga?
O degradante é que nós, os españois, os que eliximos o noso goberno, apoiemos esta masacre descomunal, pero ¿que digo? ¡Se a "flotilla" española vai a Irak en misión humanitaria...! Ás veces que cousas se lle ocorren a unha; ¡home, coa manipulación que recibimos dos profesores...! Hai que ver os estudiantes de hoxe en día, que protestamos por todo...
O ideal sería ser como os americanos, cun patriotismo absoluto, que pensan que España está ó norte da China, e que o único idioma que existe é o inglés. E pensar que The United States of America é o país máis avanzado do mundo e que nunha manifestación que houbo contra a guerra en Texas rexistráronse case 1000 detidos e que segue existindo a pena de morte... na nai of the China, ¡estamos volvendo á prehistoria!
Foi curioso o modo en que, o outro día, na manifestación que fixemos os alumnos e alumnas o cámara dunha canle de televisión do nome da cal non me quero acordar, escollía as pancartas que gravaba e, nas que puxemos un pouco de cerebro, nin se fixaba. É curiosa a forma en que don Manuel Fraga prohibiu, nin máis nin menos, que colgar carteis de NUNCA MÁIS e NON Á GUERRA nos institutos e colexios. É curiosa a forma en que se detivo o avance de manifestacións en moitas cidades españolas. Todo é bastante curioso, todo dá moito que pensar, así que déixovos que deliberedes.

Raquel Germade, 3º ESO


 
  Índice do nº 3 Arriba