| |
As
movidas de María
Capítulo III (e último)
(No
capítulo anterior: María vive
agora coa súa nai, o seu padrasto e o fillo
deste. As ameazas e acosos fan insufrible o seu
día a día, así que decide
fuxir de volta para onda o seu querido pai...)
Unha
cousa é dicir que foxes e outra ben distinta
é facelo. Parece mentira que, cando o decides
de súpeto, non sabes moi ben cómo
actuar. Se polo menos nestes cinco meses de agonía
e aburrimento matinase nun plan de fuxida, agora
mesmo non me atoparía nesta situación
de non saber qué facer. Pero xa se sabe,
as persoas somos así.
Ben, pois, como vos ía dicindo, determinei
que xa non aturaba máis a situación
na que me atopaba na casa e decidín emprender
camiño cara á miña terra,
a miña fermosa terra, Galicia. A verdade,
un non sabe o que se estrañan as cousas
ata cando se está lonxe delas. Parece mentira,
xa me volvín enredar de novo. Pois iso,
que decidín fuxir.
Nun primeiro momento tiña pensado marchar
en tren, pero acabei por cambiar de idea por dúas
razóns, principalmente: unha, que me resultaba
bastante caro e dúas, que dende aquí
non hai tren directo a Galicia. Por iso, ó
final, decidín ir en autobús, a
pesar de que non é un medio moi cómodo
que digamos, terei a seguridade de que ata que
chegue á miña casa non terei que
cambiar a outro. A verdade, non me ilusiona moito
a idea de ter que pasar dezaseis horas compartindo
asento con sabe quen e menos aínda non
podendo durmir. Pero creo que a decisión
de voltar ó fogar supera calquera pega.
Saíra da casa a iso das nove e eran as
dez e cuarto cando cheguei á estación.
Por sorte, aínda quedaban billetes libres,
pois xa se sabe que nalgunhas ocasións
cómpre reservalos con anterioridade. A
pesar de que resulte estraño, aínda
é un medio utilizado para viaxes longas,
xa que non todos temos os mesmos medios económicos
para permitirnos a posibilidade de viaxarmos noutro
tipo de transporte. E aínda por riba como
andan hoxe en día as cousas, que se chapapote,
guerra contra non sei quen, terrorismo, ... A
verdade, a este paso non sei ónde iremos
parar, porque como sigamos así...
Como vos contaba, comprei o billete e a eso das
once o conductor xa tiña empaquetadas as
maletas en cada compartimento e montouse no autobús
e empezou a cuñar os billetes. Cando chegou
a miña vez, botoume unha desas miradas
de esguello, como intentando interrogarme; pero,
ó final, cuñoume o billete e eu
dirixinme cara ó asento asignado. Por sorte,
cando cheguei a el atopeime cunha rapaza máis
ou menos da miña idade, que se levantou
e me deixou pasar. Chamábase Laura e tiña
dezaseis anos; por coincidencias da vida tamén
ía en dirección a Galicia. Era unha
moza moi agradable, todo o camiño pasámolo
falando das nosas cousas, pero, como era de supor,
eu non lle contei toda a miña historia.
Non era cousa de dicirlle que me estaba fugando
da casa porque o meu padrasto se me insinuara
e corría perigo de abuso; unha de dúas:
ou non me cría ou quedaba tan asustada
que llo contaba a súa nai e a saber qué
leria se armaba. Eu o que menos quería
era meterme noutro problema e, menos aínda,
volver para xunto a miña nai, así
que improvisei un pouco e mentín acerca
da miña vida durante a longa viaxe de volta
á terra.
Por incrible que pareza, cheguei aquí.
O primeiro que fixen cando baixei do autobús
foi botarme a chorar e, a continuación,
chamar o meu pai. Cando lle dixen que me viñera
buscar, el non me cría, ata que lle asegurei
que como non o fixera ía en taxi. Ó
cabo dun cuarto de hora chegou e abrazoume tan
forte que case me afoga. ¡Canto botara de
menos iso!
Díxome que estaba tola por facer tal cousa,
que seguro que o xuíz lle restrinxía
as visitas por semellante tolería..., pero
cando lle contei o que pasara co meu padrasto,
a súa opinión cambiou rapidamente.
Dende aquel día comezou unha dura batalla
nos tribunais pola miña custodia. A min
sorprendeume a pasividade de miña nai,
que renunciou a ela por estar co meu padrasto.
Dixo que non quería saber nada de min,
que xa estaba cansa de coidarme e quería
ser libre. ¡Vaia elemento! Parece mentira
como unha nai pode renunciar á súa
filla por outro amor. Gracias a Deus que está
meu pai, porque senón, ¡que había
ser de min...!
Agora as cousas van mal: non sempre despois da
tormenta vén a calma e non sempre as historias
rematan como esperamos, cun final feliz. A miña
historia é unha historia inacabada na que
cada día é un suceso que contar.
Seguro que máis dun pensastes que había
acabar con aquel famoso rapaz chamado Brais, pero
non foi así. Ás veces un chega demasiado
tarde a demasiadas cousas; eu, por exemplo, cando
quixen intentalo con el, xa estaba ocupado. Hai
que ter en conta que un non vai pasar a vida esperando
por alguén, pois esta é demasiado
curta.
Miña nai está nun centro de desintoxicación.
O famoso Miguel tiña vicios moi caros e
conduciu a miña nai a ese mundo de risco
sen límite. Meu pai, que creo que no fondo
nunca deixou de estar namorado dela, meteuna aí,
porque o porcallán do outro acabou deixándoa.
E agora así estamos, miña nai nun
centro sen recoñecerme e meu pai traballando
día e noite e coidando de nós. A
verdade, que sorte a nosa... Desexo que as cousas
sexan normais algún día, que meu
pai poida ser libre e feliz e o mesmo miña
nai, que non teñan que sufrir tanto o un
polo outro.
Espero que desta historia aprenderades algo, como
que sempre hai que loitar por aquelo que desexamos
e non darnos por vencidos. Porque a vida só
se basea en pequenos instantes que marcan todos
os demais. Ata sempre, estimados lectores.
Maite
González, 2º BACH
|
|