páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

París

¿Abúrreste? Pois aprende un pouco, non perdas o tempo e aprende algo de cultura.....e, falando de cultura, centrámonos na francesa. Se queres coñecer París non fai falla que te levantes da cadeira nin que comas unha tortilla francesa, coñecida por tódolos larpeiros...¿quen non a coñece? O dito, intentaremos falar sobre o que coñecemos de París aínda que nos falta moito por coñecer.
Paseando pola beira do Sena, a pé ou en barco, podemos apreciar unha das mellores vistas de París; este río divide a cidade formando dúas illas: a Illa de Cité e a de Saint Louis. París ten moita historia: nun principio a cidade estaba situada na illa de Cité; chegaron os romanos coa súa colonia e instálaronse expandíndose de forma circular formando murallas, que se deterioraron e foron transformadas en rúas e bulevares moi concorridos.
Se visitas algún día esta cidade, non podes deixar sen ver o Museo Picasso, instalado no Hotel Salé de París. Inaugurado en 1985 e deseñado por Jean Boulier, está dedicado á obra de Pablo Ruiz Picasso. As coleccións están formadas por obras que o estado francés recibiu en dación (é o pagamento en obras de arte dos dereitos de sucesión) e pola colección persoal do propio Picasso, doada ó Museo do Louvre.
Xa que tanto falamos de cultura, ¿sabedes en que se dividen os distritos de identidade propia? O barrio (quartier) Latino, que se encontra á esquerda do Sena, e destaca polas actividades culturais e educativas. Logo temos as zonas comerciais e residenciais de alto poder adquisitivo que se encontran á dereita, cerca dos Campos Elíseos. Tamén os barrios obreiros, situados ó norleste da cidade.
Xa sabemos que te atopas moi cómod@ aí sentadiñ@, pero como coidamos da túa saúde, queremos animarte a que practiques… algún deporte.. como por exemplo... ciclismo, que é, precisamente, moi popular en Francia. ¿Vasme dicir que nunca viches o famoso Tour de France? Celébrase cada verán dende 1903. O líder na competición ten dereito a levar "le maillot jaune". Centos de afeccionados practican o ciclismo no seu tempo libre. "À vos marques, prêts…, partez!!!"
Por outra banda, o 14 de xullo (le quatorze juillet) é o día no que se celebra a festa nacional na que se conmemora a toma da prisión da Bastilla durante a Revolución Francesa (1789), na que triunfan os fogos de artificio, feiras e bailes.
Ben, diredes vós, ¿por que falamos tanto de París? Porque esta cidade, á parte de ser interesante, parece ser romántica. Eso é o que din por aí, algo de certo terá, xa que.. ¿nunca oístes falar do tópico de que os nenos veñen de París? Seguro que si, pois é verdade, todos voamos nunha bolsiña branca cun lazo rosa ou azul na punta, entre o pico dunha cegoña ata os brazos das nosas mamás.¡¿NON VOS ACORDADES OU?!.... ¡que vergoña! Pois si, todo o mundo coñece a esta cidade como a do amor. L'amour!!!!
Paris, plus de 9 millions d'habitants et des siècles d'histoire...

Sandra Espiño e Paula Asorey, 4º ESO

 
  Índice Arriba