| |
¿Sabías
que...?
Apertón
testicular. Os babuínos agárranse
mutuamente as súas partes para establecer
pactos e manter a harmonía dentro do grupo,
segundo Frans de Waal, da universidade de Harvard.
Efecto invernadoiro moi "peidorro".
Unha vaca emite á
atmosfera uns 182.500 litros de metano ó
ano en forma de ventosidades.
O auténtico inventor da xornada laboral
reducida. Un chimpancé vive unha media
de 40 anos; deles, 22 pásaos durmindo ou
descansando.
A salvo de pisadas. A
musaraña de Someren, que ten o tamaño
do noso dedo meimiño, posúe unha
peculiar estructura esquelética, que lle
permite sobrevivir ó peso dun home posto
de pé sobre ela.
Como a rapaza do exorcista. Os mouchos
poden xirar a cabeza 360 graos.
Enlearse a salivazos. O
fulmar ou petrel arxénteo, ava mariña
do Atlántico norte, defende o seu niño
cuspíndolle ó intruso pelotas de
comida semidixerida. Pode acertar a un branco
situado a dous metros de distancia.
Darse unha enchenta. Unha medusa Aurelia,
que ten un diámetro de medio metro, pode
devastar un banco de arenques novos, xa que come
10 alevíns por hora. A súa velocidade
de dixestión tamén resulta asombrosa;
podemos atoparnos medusas dixerindo a cabeza dun
peixe mentres este aínda move a cola fóra
da auga.
Posto de pescadores na autovía.
O Clarias batrachus, un
peixe asiático capaz de respirar fóra
da auga, foi introducido en California con gran
éxito. Os seus habitantes quedaron pasmados
ó comprobar cómo os peixen abandonaban
as augas e cruzaban as estradas.
Xaque mate. Cando a solla, un peixe teleósteo,
se coloca sobre un taboleiro de xadrez, adopta
a forma da figura.
Son tan corrosivos. Os zumes gástricos
dos crocodrilos teñen tanto ácido
clorhídrico que disolveron cabezas de lanzas
de ferro e ganchos de aceiro de 15 cm.
¡Tapa o cuíño¡
O cantirú é
un peixe parasito de 4 cm de lonxitude que entra
nas branquias de peixes máis grandes. Pero
ás veces introdúcese na uretra ou
no ano dos bañistas que frecuentan o Amazonas,
causando danos na saúde e incluso a morte.
Un, pero xigante. Durante a fecundación,
o macho da mosca do vinagre produce un único
espermatozoide, pero enorme. Mide dous cm de longo,
polo que é 10 veces maior có insecto.
No home, equivalería a producir un espermatozoide
de 12 m de longo.
Formigueo bestial. Os
científicos descubriron unha supercolonia
de formigas arxentinas (Linephitema humile) que
se estende ó longo de 6.000 Km de costa,
dende Italia ata Galicia, e que forma o maior
superorganismo colectivo vivente coñecido
ata agora. Está composto por millóns
de formigueiros, nos que os membros están
interconectados.
De visita floral. Para fabricar un quilo
de mel, as abellas deben recoller o néctar
dun millón de flores.
Artista dos caneos. A
cascuda pode cambiar de dirección 25 veces
por segundo.
Un impulso anal. As larvas da libélula
poden autopropulsarse expulsando auga a presión
polo ano.
Casa de hóspedes. Nos
nosos intestinos viven 90 trillóns de bacterias,
e en cada centímetro da pel, ata 10.000.
Mal de ollo. Uns 5,6 millóns de
persoas quedaron cegas en África e Asia
a causa do tracoma, un parasito que causa a chamada
enfermidade de Chagas. Outro parasito, o Onchocerca,
tamén afecta á visión humana.
Este nematodo provoca a cegueira dos ríos,
que cursa con alteracións da vista, cegueira
e picores tan insoportables que algunhas persoas
chegan a suicidarse.
Tocando fondo. Se
tirasemos unha bola de aceiro na Fosa das Marianas,
que ten unha profundidade de case 10.900 metros,
tardaría case 64 minutos en tocar fondo.
O que hai que aguantar. Unha persoa tendida
no chan soporta unha carga de aire atmosférico
dunha tonelada por decímetro cadrado da
súa superficie.
Laura
Vázquez, 4º ESO
|
|