| |
Shin
Chan
¿Quen
non oíu falar deste cativo monstro da televisión?
Todo
comezou cando un prestixioso debuxante xaponés
se puxo a facer cómics manga, entón
xurdiu a figura de Sin Chan. O proxecto gustoulles
ás canles de televisión e empezaron
a emitilo, cambiando o guión, xa que contaba
con gran contido erótico e así non
se podía emitir.
En
efecto, este cativo, aínda estando en idade
de gardería, mostra unha elevada precocidade
en relación ó tema do sexo. Frases
tan famosas como: "... miña nai ten
tetas planas e cu de pandeiro..." ou "pícame
a piroliña..." fan que Shin-Chan sexa
un rapaz único.
Tanto seus pais (Hiroshi e Misae), como os seus
compañeiros (Cazama, Nene...), a miúdo
se senten avergoñados polas falcatruadas
que Shin Chan lles fai, como intimidar a xente,
ser inoportuno, deixar quedar mal ós demais
e mesmo, ás veces, ensinarlles a súa
trompa.
Shin
Chan sente paixón por un heroe da televisión
chamado "Ultraheroe", que para nós
viría a ser algo como os Power Rangers
ou polo estilo. Ademais, a Shin Chan gústalle
ver na tele as nenas que "ensinan cacha",
a altas horas da madrugada. Na gardería
á que vai, a súa mestra, que ten
por nome Sta Yoshinaga, a miúdo ten que
baixar a cabeza, debido a que non hai quen poida
con Shin Chan.
Recentemente,
nos xornais saíron noticias sobre que os
partidos políticos queren que se deixen
de emitir estes debuxos. Pero... ¿por que?
Se Zipi e Zape eran un claro exemplo de fracaso
escolar, Mazinger Z un especialista en demoler
todo, agora resulta que todo é un problema
de educación. Os rapaces podemos ver todo
tipo de masacres e vísceras realistas feitas
por ordenador e, sen embargo, non podemos ver
como un rapaz debuxado con "crayon",
pode ensinar a súa trompa.
Para
aqueles que sexan fieis seguidores destes debuxos,
direivos que aínda que tratan de sacalo
da pantalla, un 85% dos rapaces e rapazas veno
en Galicia e que é o programa con máis
audiencia da TVG, ó igual ca en Cataluña,
Valencia, País Vasco... E que, ademais,
está recomendado por UNICEF para defender
os dereitos da infancia.
Por
certo, xa están á venda cómics,
dous libros e de seguida sairá no cine.
Maite Sobrado, Javier
Iglesias, Víctor Soto e Marcos Asorey,
2º BACH
|
|