4
 


Soña…, soña,…soña…
Eu tamén pensei que todo era un soño.
Da noite para a mañá espertei
e descubrinme sen pernas.
Todo era estraño;
as pernas aboiaban no aire
e eu estaba tirado no chan.
Unha espesa nube de fume branco
saíame da cintura
e non podía ver
o que tiña no sitio das pernas.
De súpeto,
comezan a saír da miña cintura
os meus segredos máis escuros
transformados en narracións.
Todo se encheu moi rápido
de vergoñas e castigos.
Espertei…
Ou xa estaba esperto?

Iván Arias, 4º ESO

 


Onte dixéronme as estrelas
que eu
non era dono
de min mesmo,
que elas, cansas de min,
me manexaban ao seu antollo,
que eu morrería
cando elas deixaran de alumear,
que a miña vida, como a delas,
ía e viña sen sentido
nun escuro universo
que non ten dono.
Onte as estrelas dixéronme
que eu non era eu,
que eu só era un reflexo
da súa luz.

Víctor García, 4º ESO


Ilustración de Eduardo Rial, 4º ESO

No intenso florecer
dunha árbore de pedra
medran rochas agrisadas
que sen remedio
caen no chan
rompendo contra a terra
tristes sentimentos.
As súas pesadas follas
son levadas ao seu antollo
por un vento
que as fai viaxar
cara a un novo día
no que a lúa e as estrelas
cansas de alumear
inexistentes vidas
marchan deixando paso
a unha noite
de intensa escuridade
na que os sentimentos e a tristeza
se deixan levar pola soidade absoluta.

Víctor García, 4º ESO

 
  Manolo chegou a Pontevedra
polo camiño da tristura mentres seus pais
entre os papeis da separación se berran
e el marcha da casa cheo de amargura
Ei, Manolo, vas polo lado triste da vida.

Lorena marchou da casa para buscar o seu lugar no mundo
sempre mirando ao futuro, sen volver a mirada atrás,
afastouse da súa familia, marchou cunha mochila ao lombo,
hoxe chora polo que deixou atrás, polo que non volverá ver.
Ei, Lorena, vas polo lado salvaxe da vida.

Xosé, méteste de todo e pensas que es feliz,
vives no teu mundo rodeado de trapallada
e pensas que che van traer as cousas feitas á casa.
Esperta e decátate de que non vives no país dos soños.
Ei, Xosé, vas polo lado bravo da vida.

Carla traballa 17 horas nun antro noxento,
necesita gañar para ela e o seu neno,
ten 15 anos e hai un que pariu a criatura.
O pai do neno marchou e a ela botárona da casa.
Ei, Carla, vas polo lado bravo da vida.

Versión de O lado salvaxe da vida de Lou Reed, por Noelia Montoto, Silvia Souto, Merichel Vicente e Sandra Lareo, 4º ESO.