| |
A Iniciación Profesional á Soldadura e Caldeirería (IPSC) é unha optativa de 4º de ESO na que poderás aprender o funcionamento das ferramentas e os tipos de soldadura máis usuais. Servirache tanto para poder construír como para reparar calquera compoñente metálico que necesites: chasis, tubos de escape, estantes, portais, maquinaria agrícola, etc.

Os coñecementos mínimos indispensables que deberá acadar o alumnado ó rematar o curso son:
- Selección do equipo de soldaxe
- Preparación dos materiais que haxa que soldar
- Elección do tipo e do diámetro do electrodo
- Selección e axuste dos parámetros na soldaxe
- Diferenciación de materiais
- Elección das distintas ferramentas e instrumentos
- Manipulación dos útiles e instrumentos de medida e verificación
- Aplicación de normas de conservación, seguridade e hixiene

|
|