páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 

 

PRIMEIRO ANO

Desenvolvementos xeométricos en construcións metálicas

Mecanizado en construcións metálicas

Soldadura en atmosfera natural

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

Relacións no equipo de traballo

Formación e orientación laboral

 

SEGUNDO ANO

Trazado e conformado en construcións metálicas

Soldadura en atmosfera protexida

Montaxe en construcións metálicas

Calidade en construcións metálicas

Seguridade na industria de construcións metálicas

Formación en centros de traballo

 

 

 
 

CONTIDOS MÍNIMOS DO PRIMEIRO ANO

 
 

Desenvolvementos xeométricos en construcións metálicas

Representación de vistas, cortes e seccións en construcións metálicas

  • Representación de elementos e conxuntos en construcións metálicas:
    • Perfís laminados
    • Estruturas metálicas
    • Caldeirería
    • Tubos e accesorios
  • Representación da simboloxía empregada en caldeirería e construcións metálicas:
    • Simboloxía dos elementos de unión empregados
    • Simboloxía dos perfís, tubos e soldaduras normalizadas

Xeometría descritiva aplicada ás construcións metálicas

    • Sistema diédrico nas construcións metálicas
    • Nocións elementais
    • Aplicacións do sistema diédrico
  • Desenvolvemento de superficies:
    • Cilindros
    • Conos
    • Prismas
    • Pirámides
    • Método de triangulación
  • Transicións de uso frecuente en caldeirería:
    • Interseccións e enlaces entre corpos xeométricos
  • Interpretación de debuxos isométricos de construcións metálicas:
    • Estruturas metálicas
    • Sistemas de tubos

Aplicacións xeométricas en construcións metálicas

  • Virolas
  • Interseccións e pezas especiais
  • Construción en tubo, etc...

Mecanizado en construcións metálicas

  • Interpretar a información dos planos nas pezas para mecanizar
  • Diferenciación de materiais
  • Elección das distintas ferramentas e instrumentos
  • Selección e posta a punto de máquinas e equipos
  • Execución de distintos traballos manuais de mecanizado
  • Mecanizado de pezas manipulando distintas máquinas
  • Manipulación dos útiles e instrumentos de medida e verificación
  • Aplicación das normas de conservación, seguridade e hixiene

Soldadura en atmosfera natural

  • Selección do equipo de soldaxe
  • Preparación dos materiais que haxa que soldar
  • Elección do tipo e do diámetro do electrodo
  • Elección do material de achega
  • Selección e axuste dos parámetros de soldaxe
  • Execución da soldadura de distintos tipos de materiais
  • Realización da soldadura en distintas posicións

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

  • A empresa e a súa organización. O mercado
  • O funcionamento económico da empresa
  • A xestión comercial na empresa
  • Elaboración dun plan de negocio
  • Coñecemento da realidade social e laboral do tecido empresarial e do seu contorno

Relacións no equipo de traballo

  • Integrarse na organización empresarial identificando estilos da dirección e liderado, así como as relacións de poder que existen.
  • Aplicar procesos de toma de decisións a situacións de conflito, responsabilizándose delas.
  • Traballar en equipo acadando a autonomía que precisan as situacións de traballo.
  • Coñecer a importancia da organización eficaz e automotivación para evitar situacións de ansiedade e estrés.

Formación e orientación laboral

  • Busca de emprego
  • O traballo por conta allea
  • Traballo e saúde
  • Factores de risco laboral
  • Prevención e protección
  • Actuación en caso de accidente
  • O contrato de traballo
  • Retribucións
  • Seguridade social

.

.

CONTIDOS MÍNIMOS DO SEGUNDO ANO

Trazado e conformado nas construcións metálicas

  • Interpretar a información dos planos nas pezas a que haxa que trazar.
  • Diferenciación de materiais
  • Execución de distintos traballos manuais de trazado e conformado
  • Trazado e conformado de pezas manipulando distintas máquinas e útiles

Soldadura en atmosfera protexida

  • Selección do equipo de soldaxe
  • Preparación dos materiais a que haxa que soldar
  • Elección do tipo e diámetro do electrodo
  • Elección do material de achega
  • Axuste dos parámetros na soldaxe
  • Execución da soldadura de distintos tipos de material
  • Realización da soldadura en distintas posicións

Montaxe en construcións metálicas

  • Interpretar a información dos planos no montaxe de contrucións metálicas
  • Elección das distintas ferramentas e instrumentos
  • Execución de distintos traballos manuais de construcións metálicas
  • Aplicación de normas de conservación, seguridade e hixiene

Calidade en construcións metálicas

  • Normativa referente á calidade, ISO-9000
  • Identificación e causas dos defectos típicos das soldaduras
  • Realización de ensaios destrutivos (mecánicos) e interpretación dos resultados
  • Realización de ensaios non destrutivos e interpretación dos resultados

Seguridade nas industrias de construción metálica

  • Normativa vixente sobre seguridade e hixiene. Política de seguridade nas empresas
  • Factores e situacións de risco. Método de prevención de accidentes
  • Medios, equipos e técnicas de seguridade
  • Situacións de emerxencia

Formación en centros de traballo ( FCT )

Realización de prácticas nas empresas do sector do metal, como complemento final das horas do ciclo.

 

 

 

 

índice de c.m.soldadura | arriba
 
   
 
     
iescamballon@terra.es