| |
Teatro
e monumentos en Madrid
|
|
| |
Marzo
2001 (1º Bacharelato)
|
|
| |
|
|
| |
Sabiamos
que serían uns días completos, e foron. O venres
saímos cedo cara a Madrid. Despois da viaxe en autobús,
sen incidencias, a primeira visita programada era o Museo
Thyssen, onde fixemos unha panorámica da
historia da pintura ó longo de varios séculos
ata o XX. A continuación, un paseo levounos á
Porta do Sol e tomamos
contacto co centro da capital. Á noite moitos entramos
por primeira vez nun teatro de verdade, o Albéniz.
A obra era As amistades perigosas,
con actores famosos como Toni Cantó, Maribel Verdú
e Amparo Larrañaga. A pesar de ser un pouco longa,
a xente saía contenta. Tiñamos ganas de marcha,
pero decidimos aplazala para o sábado polo esgotamento
da maioría.
O sábado tamén prometía. A axenda marcaba
empezar polo Museo do Prado.
Vimos as principais obras no tempo que nos deron, todos detrás
da profesora, buscando sobre todo a Goya e a Velázquez.
Á saída, os profes decidiron que nos viría
ben tomar o aire e facer algo que non necesitara pensar: un
paseo polo Retiro a pé
e en barca. Á tarde, o Madrid monumental: Praza
Maior, Palacio de Oriente,
Praza de España...
Empezamos a ser conscientes de que Madrid é unha cidade
grande, enorme, con rúas interminables, e os nosos
pés estaban cada vez peor. Á noite había
que dar unha volta, sobre todo polo pesados que nos puxeramos
co tema antes da viaxe. Outra experiencia nova foi utilizar
o metro, todos en grupo compacto porque tiñamos moito
medo de confundirnos de corredor ou non baixar na parada correcta.
A zona de saída foi en torno á Praza de Santa
Ana, con moita xente, pero non nos acabamos de atopar no noso
ambiente. Non necesitamos negociar máis tempo cos profesores,
porque a maioría pedía voltar ó hotel
e descansar.
O domingo tamén tiña o seu museo, o Centro
de Arte Reina Sofía. Os profesores non atenderon
algunha petición de deixar a visita para outro ano.
Había que ver o Guernica de Picasso. Ó
final, resultou que a pintura de Dalí era máis
interesante do que parecía e incluso preguntamos cousas
sobre algún cuadro. Despois dunha visita rápida,
o seguinte no programa era o Rastro.
Deixáronnos tempo libre para percorrer os postos das
cousas máis extrañas, para todos os gustos e
de todos os prezos. Como se ve, aproveitamos o tempo ó
máximo ata a primeira hora da tarde, cando emprendimos
a viaxe de volta. Sen incidencias, chegamos á noite
a Vila de Cruces, cansos pero contentos. |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Na
Praza Maior, diante de Felipe III
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|