páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 
Paseo por Santiago
 
 

Maio 2002 (2º Bach. Hª da Arte)

 
 

A visita a Santiago foi un resumo da Historia da Arte feito en maio de 2002, cando xa estaba case rematado o curso. A cidade compostelá era o escenario ideal para facer un repaso de moitos dos estilos vistos nos libros e nas diapositivas de clase, e dábanos a oportunidade case de tocar cada obra.
A Idade Media e o Camiño de Santiago están presentes nas portas da cidade e nas rúas que levan á catedral, onde pudimos ver o Románico nas naves e en Platerías e o primeiro Gótico no Pórtico da Gloria. O Renacemento está no Hostal dos Reis Católicos e no palacio de Fonseca. Avanzamos no tempo mirando cara á fachada do Obradoiro e atopamos o Barroco, que tamén buscamos no convento de Santa Clara. O Neoclásico está na Universidade, na fachada da Facultade de Xeografía e Historia. No noso percorrido por Compostela paramos en distintos exemplos de cada unha das épocas e completamos na realidade a visión que traemos aprendida dos libros: o pazo de Bendaña, a igrexa de Mª Salomé, a Quintana, San Paio de Antealtares, a Casa do Cabildo, San Martiño Pinario...
Rematamos o camiño na arte do século XX no Museo de Arte Contemporánea, construido nun espacio onde contrasta a súa arquitectura moderna co barroco de San Domingos de Bonaval. Comprobamos como os camiños da arte levan a deformar a realidade, a facer participar ó espectador na obra, a utilizar distintos soportes para que o artista amose a súa creatividade, e a comprobar que a evolución pode tomar distintas vías e non deixará de sorprendernos.
No mesmo mes completamos esa visión coa visita á colección de pintura galega contemporánea de Caixanova exposta no Auditorio de Galicia. Coñecimos en directo obras de Maruja Mallo, Colmeiro, Laxeiro, Seoane e todos os que recolleron as vangardas artísticas e representaron por medio delas a realidade galega.

 
 
 
 
 
Na Praza do Obradoiro, diante da catedral
 
 
Ir a Actividades complementarias
 
índice de ciencias sociais | arriba
 
   
 
     
iescamballon@terra.es