páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 
 
Excursión a Lugo e ó Castro de Viladonga
 
 
1º ESO (xuño 2003)
 
     
 
O castro de Viladonga é un xacemento arqueolóxico que ocupa a coroa dun monte, a uns 550 m. de altitude, encravado no borde NE da Terra Chá lucense, cerca da Serra de Meira. O conxunto do xacemento ten unha extensión aproximada de 40.000 m. cadrados dentro das súas murallas máis exteriores, dos que uns 10.000 corresponden á coroa, que é de forma cuadrangular irregular cos ángulos redondeados.
 
 

O castro de Viladonga foi un dos últimos que se construiron. Ten construccións redondas e ovaladas (propias da arquitectura castrexa) e outras con esquinas (debido á influencia romana). Non está todo excavado, pero aprécianse os camiños, as casas, as murallas, os foxos, os muros... Foi un asentamento de poboación en época tardorromana (séculos III-V d.C.). No castro tamén había unha mina taponada que os arqueólogos cren que puido ser de ouro. Nesta mina aínda non se deu entrado, pero mirando dende o exterior pódese ver un lique fosforito que non se atopa en moitos lugares.
No museo están todos os restos atopados no castro: torques, coitelos, lanzas, espadas, martelos, moedas...Na sala I explícase a organización do poboado e os tipos de construcción, e amósanse materiais como quicieiras ou tellas. Na sala II do museo están os obxectos da vida cotiá: ferramentas de pedra, ferro e bronce, cerámica castrexa e romana (terra sigillata), muíños de man, armas, etc. Unha maqueta da idea de como era o castro cando estaba habitado. Na sala III vemos xoias, moedas, adornos, xogos, amuletos e outros obxectos, sobre todo de bronce, pero tamén de ouro e prata.
Do castro continuamos a excursión cara a Lugo, onde demos unha volta á muralla romana, que ten 2'5 quilómetros de longo. Tivemos a sorte de ver a excavación de parte da cidade romana, na que estaban traballando os arqueólogos.

 
 
   
 
 
Castro de Viladonga. Construccións de planta circular e cuadrangular
 
     
 
A páxina web do museo dá moita información sobre o castro e a época castrexa. Podes entrar desde aquí www.aaviladonga.es
 
     
 
Ir a Actividades complementarias
 
     
índice de ciencias sociais | arriba
 
   
 
     
iescamballon@terra.es