| |
|
|
| |
Xogamos
con outros centros europeos
|
|
| |
e
estas son as nosas opinións:
|
|
| |
|
|
| |
 |
Tamara
Navaza Sa
Zaida Quinteiro Pulleiro
(1º Bacharelato) |
|
|
| |
Durante
estes últimos meses, os alumnos de Economía
de 1º de Bacharelato tivemos a oportunidade de coñecer
máis de preto o mundo da Bolsa. Tivemos á nosa
disposición 50.000 euros por grupo para investir comprando
ou vendendo accións de diferentes empresas durante
tres meses. As operacións facíanse por Internet,
practicamente a tempo real, con diferentes Bolsas europeas.
O grupo que máis beneficios obtivera, sería
premiado cunha viaxe a Alemaña.
O primeiro problema que se nos presentou foi o de poñernos
dacordo entre os membros do grupo, en que empresas queríamos
investir e o número de accións que queríamos
mercar ou vender. As primeiras semanas gastabamos moi poucos
cartos, pois tiñamos o medo do principiante, e así
non obtiñamos grandes beneficios. Investimos preferentemente
en empresas "estables" e coñecidas como Iberdrola,
Gas Natural,... e noutras que non eran tan coñecidas
para nós, pero que nos aportaban certa seguridade polas
súas estatísticas. Ademáis tivemos cuidado
coas empresas de telefonía porque estaban atravesando
unha etapa de crise. En parte, seguimos os consellos que nos
dera o experto en Bolsa que nos veu dar unha charla sobre
o funcionamento do mercado de valores, e da profesora que
sempre nos estaba animando a que gastaramos máis cartos.
A pesar de todas as precaucións e consellos non tivemos
moita sorte e só un dos seis grupos da clase obtivo
beneficios; de todas maneiras, foron poucos.
Quedounos un bo recordo desta experiencia. Foi moito máis
amena e sinxela do que parecía, e ó fin e ó
cabo ¡menos mal que os cartos non eran nosos!
|
|
| |
|
|
| |
|
Lidia
González Pena
Leticia Verde Salgado
(1º Bacharelato)
|
 |
|
|
| |
Nós
estivemos no mesmo grupo do xogo. Déronnos 50.000 euros
para investir na Bolsa e o final acabamos tendo menos do que
nos deron. Decidimos investir en Endesa pero non daba nin
ganancias nin perdas, polo que chegamos á conclusión
de que o mellor era vender. Máis tarde investimos en
L'Óreal, pero o único resultado que tivemos
foron moitas, moitas perdas. Entón, como único
recurso posible, investimos en Ericson, con accións
a 0,28 euros, porque era unha das poucas empresas que subía
ou se mantiña estable. Ó día seguinte
chegaba a 0,31 euros, e entón decidimos vender porque
compraramos moitas accións. ¡Por fin beneficios!
porque ata ese momento todo foran perdas, en parte por culpa
dunha das compoñentes do grupo que se empeñou
en investir en Harley-Davidson porque ía subindo, pero
xusto ó comprar nós, baixaron considerablemente.
Como vedes, investir non é tan fácil. |
|
| |
|
|
| |
 |
Laura
López Maceiro
Diana Reimóndez Agra
(1º Bacharelato) |
|
A
experiencia na Bolsa non resultou de todo mala, pois
ó final conseguimos gañar máis
diñeiro do previsto.
Nun principio tiñamos moito medo a investir e
apenas gastabamos uns poucos euros. O primeiro día
investímos 2000 euros de 50.000 e xa nos parecían
demasiados. Sen embargo, a medida que foron pasando
os días, fomos collendo máis práctica
e xa investiamos moito máis que antes. O normal
era gastar uns 5.000 euros en cada compra, e, normalmente,
en valores seguros (bancos, hidroeléctricas)
o un aquelas empresas que, despois de estudiar a súa
marcha nos meses anteriores, nos parecían que
ían subir. Deste modo, comprabamos accións
que non eran moi caras e máis cantidade. As cousas
estaban mellos que ó comezo, cando compramos
empresas como Coca-Cola e resultou unha ruína
a curto prazo.
Unha das cousas que non quixemos facer, ó final
tivo bó resultado. Ó realizar o rexistro
da compra de accións de Telefónica, equivocámonos
e comprámolas tres veces. Gastamos máis
do que pensabamos, pero a operación saíu
ben, porque nesa semana Telefónica subiu e gañamos
tres veces máis do previsto.
En definitiva, o noso grupo caracterizouse por gastar
todos os cartos en grandes cantidades, aínda
que a profesora non pensaba que foran tan grandes, e
en valores seguros, que non darían enormes ganancias,
pero tampouco perdiamos moito en caso de baixar.
A experiencia do xogo da Bolsa pareceunos moi entretida,
xa que aprendemos como funciona o mercado de valores,
a forma de investir e valorar os cartos que podes gañar
ou perder en determinadas operacións. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|