páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 
  Excursión ó Cebreiro  
 
1º ESO (maio 2002)
 
 

 

O día que fomos de excursión ó Cebreiro saímos do instituto ás nove e media. Pasamos por diversos lugares como Agolada, Antas de Ulla, Monterroso, Ventas de Narón, Portomarín, Paradela, Sarria, Samos, Triacastela e ¡por fin! O Cebreiro.
Días antes da excursión, o profesor de Ciencias Sociais, Manuel Dobarro, déranos unha folla explicativa do que iamos ver; nela aparecía, por exemplo, información sobre a historia do Cebreiro e mais sobre o seu milagre.
O poboado do Cebreiro foi coñecido polos romanos como vía de acceso ó centro de Galicia, vía que máis tarde tamén seguirían os peregrinos. Este reducido poboado deulle nome a toda a serranía enmarcada entre as zonas dos Ancares e O Courel. Consérvanse aquí varias pallozas, que son vivendas prerromanas. O Camiño de Santiago deulle renome e vitalidade a este lugar.
É tamén famoso o seu Mesón-Hospital, fundado no 836, porque se di que nel houbo un milagre: un paisano de Barxamaior sobe ó Cebreiro no medio dunha grande tempestade para oír santa misa; o monxe que celebra a misa despreza o sacrificio do campesiño e, na consagración, observa como a Hostia se converte en carne e o Cáliz en sangue, que ferve e tingue os corporais. Sobre este feito desenvolveuse toda unha lenda que fala do Santo Grial galego. Hoxe, o cáliz, a patena (do século XII) e o relicario constitúen un valioso conxunto relixioso e histórico-artístico expostos en caixa forte.
Ademais de todo isto, a paisaxe que se contempla desde estas montañas do Cebreiro sobre Castela e Galicia é realmente extraordinaria.

María Barcala - 1º de ESO (curso 2001-02)

 
     
 
Ir a Actividades complementarias
 
     
índice de ciencias sociais | arriba
 
   
 
     
iescamballon@terra.es