| |
|
|
| |
Busca
o dato que garda cada número
|
|
| |
|
|
| |
1ª
Superpregunta |
|
| |
Catro
anos antes (1) da chegada
do home á Lúa (2)
morría o home (3)
que a principios da Segunda Guerra Mundial dixo unha famosa
frase (4). Esa guerra
fora ensaiada en España (5),
sobre todo no bombardeo dunha cidade (6),
inmortalizada por un cadro que se convertiría en símbolo
da destrucción. O seu autor (7)
iniciara trinta anos antes (8)
un movemento artístico (9)
que sería fundamental no século XX. Este pintor
morreu en Francia dous anos antes (10)
da morte do xeneral (11)
que gañou a Guerra Civil Española no mesmo ano
(12) en que Alemaña
invadía un país europeo (13)
e comezaba unha das guerras mencionadas anteriormente (14). |
|
| |
 |
Monet:
Nenúfares (1916-1923) |
|
|
| |
2ª
Superpregunta
|
|
| |
No
ano (1) no que o primeiro
tren de pasaxeiros unía dúas cidades españolas
(2), publicábase un
libro (3) que sería
clave para o desenvolvemento dunha ideoloxía (4).
Cincuenta anos despois da morte do menos célebre dos
seus autores (5), rematou
unha guerra (6). Un dos
tres xefes de Estado (7)
que asinaron a paz (8),
que morrería nese mesmo ano (9),
foi elixido presidente por primeira vez para facer fronte
a un gran problema (10)
no seu país (11).
Dez anos despois (12)
en España comezaba un período histórico
(13) que duraría
ata 1975. |
|
| |
Kandinsky:
Composición IV (1911) |
 |
|
|
| |
3ª
Superpregunta |
|
| |
No
ano dunha grande crise económica (1)
nace un líder árabe (2)
que loita pola independencia do seu pobo (3)
contra outro Estado (4).
Ese Estado creouse tres anos despois (5)
do nacemento dunha organización (6)
que pretendía a paz no mundo. Esa organización
redactou a Declaración de Dereitos do Home no mesmo
ano (7) no que morría
asasinado un home (8)
que fixo da non violencia o seu método de loita contra
un país (9) do
que o seu era colonia (10).
Tres lustros despois (11)
era asasinado un presidente norteamericano (12)
en Dallas. A súa muller (13)
casaría despois cun multimillonario grego (14)
que tivera unha relación anterior cunha cantante de
ópera (15). |
|
| |
 |
Picasso:
Guernica (1937) |
|
|
| |
4ª
Superpregunta
|
|
| |
Sesenta
anos antes da saída da revista do Instituto, Camballón.com
(1), un 7 de decembro,
un bombardeo (2) aumenta
os participantes nunha guerra (3)
que empezou o mesmo ano (4)
no que rematou outra guerra (5)
en España. Picasso denunciou a violencia desta e de
todas as guerras nun cadro (6)
exposto en París trinta anos despois (7)
de que pintara a primeira obra cubista (8).
Picasso pintaría despois unha versión dun cadro
(9) moi famoso no pasado.
O pintor (10) da obra
orixinal foi o retratista dun rei (11)
dominado polo seu primeiro ministro (12)
que foi interpretado no cine por Javier Gurruchaga na película
feita segundo unha novela (13)
de Torrente Ballester. |
|
| |
J.
Miró:
O poeta (1940)
|
 |
|
|
| |
5ª
Superpregunta |
|
| |
No
mesmo ano (1) no que España
perde Cuba, unha emperatriz de Austria (2)
foi asasinada. O asasino (3)
era dunha ideoloxía (4)
que rivalizou co marxismo. Vinte anos despois (5)
remataba unha guerra (6)
nun mes e nun día que tiñan o mesmo número
(7). O país (8)
que ese día perdía esa guerra verá no
mesmo mes (9), 71 anos
despois (10), unha caída
(11) que marcará
o principio do fin dun sistema (12)
que puxo en práctica a ideoloxía (13)
que rivalizou co anarquismo. |
|
| |
|
|
| |
Se
che falta algunha resposta ou non queres seguir buscando,
aquí están as SOLUCIÓNS
|
|
| |
|
|
| |
|
|