páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
   
   
     
  ¡Venga!... On y va! Allons-y!  
     
 

¡Aaaaaah! (bocexo). Xa son as 4:30 a.m. do 6 de abril de 2003. Por fin chegou o momento de coller rumbo a París e esquecer por uns días España.
¡Brrrm, brrrm! Aí chega o autobús. "¡Oh, Deus! ¡Que carraca! ¿Colleremos todos?" Metemos as maletas e, mentres, oímos ruídos. "¿Quen son?" "¡A SDT!" Todos a despedir a Pins... e ós demais.
Na compaña de Lucía fomos ata Ourense recoller a María, que despois dunha longa despedida conseguiu despegarse do seu querido marido. Alí tamén recollemos a Carlos, que, sen sabelo, converteríase nun máis do equipo.
A primeira parada foi Sanabria, onde almorzamos e sacamos as primeiras fotos. Proseguimos ata Burgos, onde estiramos as pernas nun bambán. Volta á "carraca" (como nós lle chamabamos, con moito agarimo) e volta ó camiño ata Vitoria, onde xantamos bocatas (claro, "para acostumarse"). Xa chegando ó noso destino o bus ía mudo ata que se oíu a palabra FRANCIA da boca de María, e todos comezamos a saltar. "¡Ño! pedazo piñeiral. Quilómetros e quilómetros de piñeiros" (Les Landes). "E esto é La Garonne, onde se atopa o afluente La Dordogne" (¿aclarácheste Víctor?) "¡Bordeaux!, vaia viñedos". Comeza a facerse de noite e chegamos a Poitiers. O primeiro que vemos é "La Fiesta", unha especie de discoteca-sala de xogos. E o primeiro que facemos, sen cear nin nada pero pedindo permiso (e concedido ata as 24 h, eso si), é ir dereitiños ó xogo (como os ludópatas, he he). Alí había uns rapaces de Barcelona e... ¡Que rapaces! ¿verdade, nenas?
Esa noite todos fixemos festa nas habitacións (ata durmiron nove persoas en cinco camas) e ó día seguinte...
Futuroscope agardaba por nós coas súas marabillas, pero por culpa da guía... ¿parécevos normal? En vez de perdernos nós perdeuse ela. Despois de moito buscala fomos comer. María agarrou a cámara para ter un recordo da primeira comida francesa, é dicir, bocadillos. Metémonos no autobús e...rumbo a PARIS.
"¿Que é aquel bicho de edificio?" "Que vai ser, ¡a Tour Eiffel! ¡Cynthia, pon gafas e regarder para ela!" Esas palabras confirmaron que estabamos en París e fomos en busca do hotel. A copiloto era algo cutre pero... ¡é o que hai! Despois de 500 voltas ou 3000 rev/min atopamos o hotel. "Vaia...mmmm...como diría...¿caca?" (dixo Cristina). E a verdade é que era aínda máis cutre que a copiloto. En fin, a cousa xa non tiña remedio e baixamos. Todos ás habitacións e bronca para os máis trasnoitadores.
O día 8 de abril amenceu como os outros, con sono. O primeiro almorzo parisino e, gracias a Deus, non eran bocadillos. Logo de coller enerxía comezamos a patear París.

A primeira visita foi á Île de la Cité, onde vimos Notre Dame que, por certo, estaba en obras. Alí fixemos uns amigos chineses e observamos o quilómetro cero francés. Tamén amigamos cun home que intimaba cos paxaros; ensinoulle a súa arte a Víctor, que acabou por intentalo só.   Fai clic na imaxe para vela máis grande

Logo, no Quartier Latin, iamos entrar na Université de la Sorbonne, pero finalmente non o fixemos. O culpable: Bin Laden. Esto soa a cachondeo pero é certo: La Sorbonne cerrou as portas ós visitantes desde os atentados do 11 de setembro.
Camiñamos ata o Panthéon, onde María nos presentou a uns vellos amigos cos que tomamos un café: Zola, Voltaire, Rousseau, Victor Hugo, Dumas, Pierre e Marie Curie... "Como cheira a compañeirismo. Eso pasa por non ventilar" (dixo Pins).
De camiño á comida pasamos pola Conciergerie. Coñecemos o Quick, un lugar que se ía facer moi habitual para nós, e fomos repousar a comida ós Jardins de Luxembourg, onde se atopa o palacio de Catalina de Médicis (muller de Henrique IV) que, anteriormente, vivía no Louvre pero parecíalle unha fortaleza militar e por iso mandou construír dito palacio.

Fai clic na imaxe para vela máis grande  
Paseando, paseando... no Musée d'Orsay fomos entrando, o cal na antigüedade era unha estación de tren. Alí vimos obras de Monet, Renoir, Degas, Van Gogh (La Arlesina e Autorretrato, entre outras), Mazás e Laranxas de Cézanne e L'Estaque e Mulleres en Tahití de Gauguin.

Indo cara a Les Invalides xa nos sentiamos uns parisinos máis, eso si, con certos trazos alemáns: en vez de cruzar polo "paso de cabra", cruzar desde a beirarrúa ata a rotonda, atravesar esta e a continuación pasar ó outro lado ata...
Les Invalides foi construído gracias ó mandato de Luís XIV e era un "hotel" adicado á acollida de soldados. Co tempo converteuse nun panteón á memoria de ditos soldados e en 1840, Louis-Philipe mandou transportar as cinzas de Napoleón alí. Na actualidade, estas cinzas están dentro de sete ataúdes e arredor delas pódense ler os nomes das guerras que Napoleón gañou.
Despois dun longo día turístico fomos tomar un descanso ó Sena. Demos un paseo en Bateau-Mouche. Agradecemos a lonxitude do río, pois despois disto aínda quedaba outra camiñata;pero para que vexades que as casualidades existen, vouvos contar unha anécdota: entrando no Bateau-Mouche, Félix dixo que lle parecera ver unha cara coñecida. Os demais dixemos que era imposible atopar a alguén en ¡PARÍS!

Pero unha vez acomodados naqueles asentos vermellos ó aire libre comezamos unha conversa cunhas rapazas galegas, da Coruña, que estaban de excursión alí,tamén; e ¿quen se atopaba alí? ¡Mario! Un compañeiro de Félix do conservatorio.   Fai clic na imaxe para vela máis grande

Pero como todo o que comeza acaba, o paseo rematou e tivemos que volver "ás andadas".
Ese día ceamos nos Champs-Elysées. Vimos L'Arc de Triomphe por primeira vez, que mide cincuenta metros de alto por corenta e cinco de longo. Desde aquí saen doce avenidas e nunha delas atópase Virgin (a discográfica). Tres pisos de discos e casettes e DVD's e videoxogos e...máis de mil artistas alí metidos e dezasete rapaces toleando.
Por fin Carlos recolleunos na Place de L'Etoile e puidemos ir descansar; aínda que descansar... ¿que era eso?
O mércores día 9 volvemonos levantar con sono. A noite pasada tiveramos unha gran sorpresa: uns rapaces vascos viñeran compartir o hotel con nós. Con algún/ha amigamos ben (¿recordas, Paula?) e con outros non tanto; pero en xeral todos eran bos rapaces e a convivencia fíxose fácil.
A primeira visita da mañá foi á dama de ferro, o símbolo de París: la Tour Eiffel. Estes 300 metros foron construídos en 1889 en conmemoración do centenario da Revolución de 1789. Fixeron falta dous anos para construíla.
Aquelo era im-presionante. Desde alí arriba podiamos ver todo con canto soñaramos. PARÍS: Bois de Boulogne (o pulmón de París, onde se xoga Roland Garros), Les Invalides, L'Arc de Triomphe, Notre Dame, O Sena, La Sainte Chapelle... pero moitos levamos unha "gran decepción" ó ver a cor marrón daqueles ferros. Toda a nosa vida pensando que era gris e resulta que a pintan cada dous anos de marrón. A medida que iamos subindo iamos sentindo a presión nos oídos e os... na gorxa.

Fai clic na imaxe para vela máis grande   E por fin arriba vimos a Eiffel coa súa muller no museo que alí hai. Tamén puidemos plasmar os nosos nomes e "Nunca Máis".

Ás 12'30 h atopabámonos no Louvre. Alí puidemos ver Exipto, Grecia, Mesopotamia, o Renacemento, o Neoclasicismo e o Romanticismo. En canto a Exipto vimos o Escriba Sentado (2500 a.C). Nunca esqueceremos a súa azul e cristalina mirada. Tamén observamos as diversas momias. En Grecia chamounos moito a atención a Victoria de Samotracia (190 a.C) e a Venus de Milo (séc. II a.C). Tamén estaba alí o primeiro códice de leis escrito, Código de Hammurabi, pertencente a Mesopotamia.
Tamén, por un milagre, os chineses deixáronnos ver a Gioconda, pertencente ó Renacemento pero... vaia decepción, é tan pequena... Dentro do Neoclasicismo observamos a Coronación de Napoleón e pertencente ó Romanticismo vimos obras de Delacroix e de Géricault.
Comemos aquí dentro... pero só aqueles que o puideron facer (que non foron moitos). Á saída sacamos algunha que outra foto diante da famosa Piramide de cristal e diante do Arco do Carrousel. Estivemos na Place de la Concorde e perdémonos nas Galeries de Lafayette, en Faubourg Saint Honoré. Non é que nos perderamos (literalmente falando), é que alí hai todas as marcas de roupa e cosméticos que poidas imaxinar: Chanel, Clinic, Paco Rabanne, Hugo Boss, Calvin Klein, Óscar de la Renta, Carolina Herrera, Givenchy, Balenciaga, Yves Saint Laurent, Gucci, Christian Dior, Jean-Paul Gautier, Karl Lagerfeld, Inés de la Fressange, Prada, Louis Vuitton...
Por alí atopamos a Ópera Garnier, que estaba cerrada e tivemos que volver o venres cando, por certo, puidemos sacar algunhas fotiños nesas butacas nas que se sentan os ricachóns. Tamén vimos a igrexa "máis fea" (vale... a que menos nos gustou) de todo Francia, L'Eglise de la Madeleine. Mentres uns poucos descansabamos alí e lle dabamos de comer ás pombas, María, Lucía, Sabrina, Ana, Sandra e moitas outras foron visitar a igrexa de Santo Agostiño. Volvemos cear nos Champs-Elisées, onde puidemos saudar a... ¡Gerard Depardieu e Virgine Ledoyen! que estaban estrenando "Bon Voyage". De camiño ó hotel pasamos pola rúa máis erótica deste núcleo urbano e vimos o Moulin Rouge (pero nin Nicole Kidman nin Edwan McGregor andaban por alí).
O mellor día, sen dúbida, foi o xoves. Pola mañá visitamos Montmartre, onde viviu Picasso durante moito tempo. Alí atópase o Sacré-Coeur, que foi construído en 1870. É de estilo romano-bizantino. O que máis nos impresionou da igrexa foron as súas cúpulas onde había un bonito mosaico. Alí fixemos moitos retratos. Algúns parecíanse (como o de Sergio ou o de Laura) e outros non tanto...
Baixando as numerosas escaleiras para coller o autobús rumbo a Eurodisney atopámonos con Emilio (sobriño de Lucía e residente en París) e coas súas amigas madrileñas: Sara, Teresa e Nuria. Con eles gravamos bonitos momentos e xuntos ensinámoslles o noso grito de guerra e algunha que outra palabriña galega (¿córner?)
"¿Onde nos atopamos?" En...¡¡¡Disneyland Resort París!!! Pareciamos nenos pequenos e, sobre todo, ó ver o primeiro personaxe: Pinoccio. Os máis atrevidos subíronse ó "Space Mountain", que é a montaña rusa de Indiana Jones. E pasámolo de medo na casa do terror que, máis ben, era unha casa da risa porque de terror tiña pouco; aínda que os de- corados estaban moi logrados. Tamén fomos ó labirinto de Alicia no País das Marabillas, pero non conseguimos sentarnos no trono da malvada Reina de Corazóns.
As mellores atraccións foron as tazas (algún case bota a pota con tanta voltiña) e os dumbos... (eramos como nenos). E vós non me fagades caso pero sigo dicindo que as casualidades existen porque alí, no medio de milleiros de persoas, alí, naquel pequeno e gran mundo atopámonos cos nosos amigos os vascos (¡¡¡Los Pascos!!!) e por fin... despois de moito buscar vimos a... ¡¡MICKEY MOUSE!! (a ilusión das nosas vidas, he he). Algunha case chora de emoción. Pero tamén vimos outros personaxes como Aladino, Marie Poppins, Baloo, Chip e Chop, Pluto, Goofy... e todo remata e o caramelo acabouse para todos e tivemos que saír do mundo dos soños para volver entrar no cruel mundo da realidade. ¡Ai!

¡Fiesta! ¡Que fantástica, fantástica esta fiesta!... ¿Onde? ¡Na recepción do hotel! Estaba todo cerrado e poñendo un pouquiño de cada peto fixemos un super pic-nic na recepción (debemos agradecerllo, sobre todo, ó noso super conductor Carlos).   Fai clic na imaxe para vela máis grande

Aquela noite tivemos unha sorpresa. Claro que para algúns foi máis grande que para outros (¿ou que, Sergio?). Ó noso hotel chegaron unhas mañas que, segundo algúns, non tiñan ningunha dúbida, e tamén algúns maños (que llo pregunten a Sandra e Sabrina e cía.).
O 11 de abril vimos a Sainte Chapelle. Unha igrexa da segunda metade do século XIII. A Sainte Chapelle constitúe a xoia do gótico francés. No segundo piso atópanse as famosas vidreiras, cada unha dunha forma diferente e intercalando as cores (aclaración para algunha: en caso de romper algún cachiño destas vidreiras chegaría con repoñer ese anaco e non faría falla renovar todo. En caso de dúbida consulte co seu vidreiro particular).
Xa pola tarde estivemos no museo Picasso (o noso veciño), que era algo complicado de entender pero... pobre, pasou media vida alí, naquel fermoso lugar ¡si!, pero añorando a nosa fermosa Spain... (quatre points)
Tamén fomos de compras polos arredores do Pompidou e todos aqueles que souberon como entrar fixérono (aínda que debemos agradecer ás nosas profesoras que nos estiveron chamando por teléfono para darnos información de como facelo). Esa noite fomos cear a unha creperie e...¡¡pagaron as profes!! Á parte probamos a sidra francesa, que estaba de vicio.
O venres á noite foi o peor día. Festas en Cirela e nós durmindo uns encima dos outros...; á parte, aquel día xa estabamos tristes por deixar a cidade do amor, aínda que cada vez que oiamos a palabra CALDO, CALDO, CALDO. ¡Que fame! Algúns durmiron toda a noite e outros dedicáronse a matar o tempo.

Fai clic na imaxe para vela máis grande   O sábado pola mañá coñecidos e coñecidas esperábannos xunto con Pupi en Bilbao. O Gugenheim decepcionounos bastante a algúns; aínda que creo que foi máis o sono e as ganas de chegar á casa

que calquera outra cousa. A outros encantoulles.
Xa chegando a Lalín, o noso autobús parecía a centraliña de Telefónica. "Chega- remos sobre..." "Chegaremos..." "Chegaremos..." "Chegaremos..." ¡Ai! Chegamos me- llor que marchamos, porque traiamos connosco un agasallo moi especial na maleta... unha morea de amigos e un cento de recordos para a eternidade. París, cumio da moda; París, cidade do amor; París, núcleo de arte; París, punto de unión. París, sempre unha añoranza gardada na mente de dezasete rapaces... dezasete rapaces que añoran volver e dezasete rapaces que vos adican un... VENGA (berro, non de loita senón, de paz).
On y va! Allons-y!

  Fai clic na imaxe para vela máis grande  

Diario de viaxe escrito polos alumnos e alumnas de Francés de 1º de Bach.

 
 
Volver ó índice de Activités...
 
 
 
   
 
     
iescamballon@terra.es