páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
   
     
 
...e estas son as súas reflexións...

 
 
 


París, a cidade do amor?

Pois é certo. Na excursión xurdiron dúas novas parellas, das que, por respecto, non direi os nomes. Pero dúas persoas máis non tiveron tanta sorte, aínda que o intentaron, mais non xurdiron e, por encima, eran da excursión de Portugal.
Definitivamente, París é a cidade do amor.

Xurxo Rey

 
 


Menú ao gusto do camareiro

Mércores pola noite. Cea nun restaurante parisino. Carta, empezamos a pedir e o camareiro rogando... “Pizzas! Tous pizzas!” (segundo el, era o único que lles quedaba). Bebida? “Queremos auga, por favor...!” “Non! Pas d'eau, s'il vous plaît! Tous coca-cola, il n'y a pas d'eau, coca-cola pour tous!”
Acabamos ceando ao gusto do camareiro.

Tatiana Otero

 
 


A camiseta??

Tabamos por Montmartre, no Sacré-Coeur, onde horas antes Óscar comprara unha camiseta que foi a causante desta anécdota.
Xa ao final da noite e da visita, a María antollóuselle sacar unha foto nas escaleiras que estaban diante da basílica. Óscar, para non saír coa camiseta diante dos narices, meteuna detrás das pernas. Sacamos a foto, marchamos todos, pero a camiseta quedou alí.
Cando xa iamos lonxe, lonxe... Óscar mirou para as mans doutra persoa e viu que levaba unha bolsa e logo lembrou que el debía ter outra coa súa camiseta, pero non a viu e, de súpeto, parou no medio da beirarrúa e dixo:
-A CAMISETA??!!!
Todos miraron para Óscar e ríronse del un cacho. Había dúbidas sobre onde puidera quedar, pero grazas á colaboración de Zequi, ao final sóubose que lle quedara nas escaleiras do Sacré-Coeur.

Óscar Souto

 
 


A limpeza das rúas

Unha das cousas que máis me chamou a atención foi a limpeza das beirarrúas de París, xa que todas as mañás as limpaban cuns camións que botaban auga a presión por diante e ían arrastrando o lixo. A xente tamén se preocupa moito máis que aquí de manter as rúas limpas.

Ignacio Blanco

 

Unha pausa para récréation e continuamos...

 
 

 

 
 
 


Un rapaz perdido e descolocado

Un rapaz quedaba perdido en todos os lados. Se non era para “mexar”, era para comprar. Ata que unha vez ía no metro e lle dixemos que se escondera detrás da profesora. E ASÍ FOI. Saímos do metro e preguntamos “Onde está fulaniño?” Entón a profesora púxose a buscar e empezou a berrar polo rapaz que saíra de aí. Nisto sae o rapaz e o nerviosismo tivo para días.

Pablo Blanco

 
 


Persoa esvaradía

Á entrada do museo do Louvre, logo de andar uns cantos metros correndo (chegabamos tarde por culpa dun atasco), paramos de correr e deulle a toleada a un rapaz de volver a correr; outro picouse e empezou a correr detrás del; e na beira dun charco con lama esvarou e caeu dunha forma aparatosa.
Levantouse enfurecido e cheo de lama; tivo que amañarse para que non se vira a lama e non quedou mal. E tivo que pasar todo o día así, cheo de lama ata chegar ao hotel, onde foi rápido para a habitación para poderse cambiar.
Ao día seguinte os rapaces ríanse do que lle sucedera ao rapaz e botáronse unhas risas; o rapaz non lles gardou ningún rancor a ningún dos seus compañeiros por rirse del.

David García

 
 


Orientais en París

  Estabamos en fronte ao museo de Arte Moderna de París (Pompidou), nunha praza moi chusquiña; todos os rapaces descansando e contándolle uns contos. Nisto, un oriental de cara chistosa instalouse no medio e medio da praza, coa súa guitarra, e comezou a cantar; moi ben, perfecto, unhas cancións españolas.

Marcos Mazás

 
 


Condutor "cañero"

É case o final do traxecto, cando o noso condutor Delmiro deixou o volante e foi substituído por un compañeiro nunha área de servizo. El, case desgustado, deprimido, chorando, dixo as súas últimas palabras: “ide agora ao baño que despois non podedes!”

Óscar Souto

 
 


E AS PROFESORAS, QUE!?

As profesoras hai que describilas con adxectivos soltos e que elas mesmas os seleccionen:

 
 



 
 
Xurxo Rey
 
 
  e como pensar esgota moito, pois agora toca descansar...  
 

 
 


 
 
Volver ó índice de Activités...
 
 
 
   
 
     
iescamballon@terra.es