| |
|
|
| |
 |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
| |
Ingredientes:
-350 g de masa quebrada
-250 g de bacon
-3 ovos
-250 g de nata líquida
-40 g de manteiga
-Fariña
-Sal
-Pementa
Preparación: 20
minutos.
Cocción: 30 minutos.
|
 |
|
|
| |
É necesario ter: un rodete, un molde, unha tixola e
un recipiente para mesturar os ingredientes.
Acender o forno. Untar con manteiga o molde. Estender a masa
e poñela no molde. Cortar o bacon en trozos pequenos
e fritilo 5 minutos na tixola. Coller un recipiente grande
e engadir os ovos, a nata, o sal e a pementa. Botar a mestura
na torta. Cocela no forno durante 30 minutos.
Trés, trés bonne...!
Ana
Mª Vilariño, 4º ESO.
(esta receita foi publicada no nº 2 de Camballón.com)
|
|
| |
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
"Magrets"
de pato á pementa verde
|
|
|
|
| |
|
|
| |
| |
|
Ingredientes:
- "Magrets"
de pato
-Aceite
-Vermú
-Pementa verde e nata
|
| |
|
|
|
|
Ilustración
de David Viqueira
(2º Bacharelato)
|
|
|
|
| |
Cortade os "magrets" ao longo para obter catro trozos
grosos iguais.
Poñédeos nunha tixola do lado da pel e dourádeos durante
oito minutos a lume lento. Tirade a graxa, dádelles
a volta e seguide a cocción catro minutos. Gardade os
"magrets" nun lugar quente para que non arrefríen. Enxaugade
a tixola co vermú e engadide a pementa verde, a nata
e o caldo de ave. Salpimentade lixeiramente e deixade
cocer dous minutos a lume lento para que a salsa espese.
Colocade os "magrets" en pratos quentes e rodeádeos
de salsa.
Podedes servilos con patacas gratinadas, con
tallaríns frescos ou co "gratinado dauphinois"
que vos mostravos na seguinte receita.
Inés
Vila, Mª Sol Amosa, Marta Castelo, Alba Blanco e Rocío
García, 4º ESO
(esta receita foi publicada no nº 4 de Camballón.com)
|
|
| |
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
| |
Ingredientes:
-1 kg de patacas
-1/2 litro de leite
-2 culleradas de nata fresca
-2 dentes de allo
-60 g de manteiga
-Noz moscada, sal e pementa
Preparación: 10
minutos
Cocción:
60 minutos aproximadamente
|
|
|
|
Ilustración
de David Viqueira
(2º Bacharelato)
|
|
|
|
| |
Pelar as patacas e cortalas en toros finos. Logo
frotar o interior da fonte cos dentes de allo
pelados, untar con manteiga a fonte e engadir
as patacas. Nunha ensaladeira mesturar o leite
e a nata fresca, o sal, a pementa e a noz moscada;
verter a mestura sobre as patacas e engadir cachiños
de manteiga. Por fin, poñer a fonte no forno a
lume medio 1 hora aproximadamente. Pasado o tempo,
retírase a fonte e ... listo para servir!!! Consello:
durante a cocción comprobar que o gratinado non
estea nin demasiado seco nin demasiado líquido.
Que aproveite!!!
Karlota
Salgado, Leticia Santiso, Sandra Varela, 4º ESO
(esta receita foi publicada no nº 4 de Camballón.com)
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|