páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
   
 
 
 
 
   
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INTERIORES PARTE I: AQUÍ DURMIMOS (é o que ten facer a reserva por Internet)
 
Aquí tedes a primeira noite da nosa aventura no hotel de Bourdeaux.
María, sentímolo moito pero esta foto había que incluíla (prohibíranos poñela).
Algún que outro recibiu chamadas dunhas "misteriosas francesas", pero que quede claro que nós non tivemos nada que ver (he, he!). Jose, non te preocupes, ao final acabaches triunfando coas de Valga.
ANIVERSARIO FELIZ !!!!
A festa sorpresa que lle fixemos a Silvia non ten prezo para todo o demais...
Onde haxa festa, aí está María. Non perde unha, he, he!
Silvia, non te acostumes que non vai ser así todos os anos.
Vaia desorde tiñamos montada nas habitacións!!!
Iamos para divertirnos, non podiamos perder o tempo en simplezas
(que quede claro que a habitación puxémola así para a foto, en realidade somos xente respectable, he, he!)
A maior parte das noites ceamos no hotel e acabamos por collerlle cariño ao tipo de Recepción; era tan guapo...
e, para ser francés, simpático e todo. Cando volvemos?!?!?!?
   
     
 
INTERIORES PARTE II: E AQUÍ FIXEMOS AS RESERVAS PARA A PRÓXIMA VIAXE...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Aquí temos a primeira típica foto diante dun monumento (destas temos moitas), en Fontainebleau
(que non "Montanebleau", como dicían algúns).
Era aínda o primeiro día: Valga versus Cruces, xa nos mesturariamos máis...
Ai, se o can falara...
Ten uns xardíns fermosísimos, nada que envexarlles aos de Versalles, que, aínda que non fomos porque non tiñamos tempo, din que son bonitos; perfectos para pasear da man d@ teu/túa namorad@. (Gustaríalle a Adrián que Tania fose a súa namorada).
Esta é a segunda típica foto diante dun monumento. Como xa dixemos, destas hai moitas. Neste caso o monumento é o castelo de Blois. Nesta foto do último día da nosa aventura xa estamos máis mesturados cos nosos colegas de Valga (hai que dicir que, no fondo, son boa xente).

Esta escaleira que vedes ao fondo, segundo María (a profe de francés), é moi famosa, pero ninguén a coñecía de nada.
O caso é que fixemos esta foto porque dixo iso e había que quedar ben...

A estes franceses íalles o dourado e o grande. Adrián comprobou que é posible que Papá Noel baixara pola cheminea. Andaba buscándoo pero esqueceu que só traballa no Nadal.
Terceira foto diante de monumento, aquí Azay-le-Rideau. A verdade é que o castelo pagaba a pena, pero despois dunha semana, aínda que María non paraba de dicirnos que durmiramos, hai que recoñecer que estabamos cansos e durmidos (as caras dino todo).
Como se pode comprobar, chovía. Gloria, unha muller moi precavida, levara o paraugas, pero, por desgraza, non todos tivemos a mesma sorte. De Adrián (o do chuvasqueiro) mellor non dicir nada.
Este castelo é pequeniño, chusquiño, no medio dunha illa, como de conto (nada que ver co da Bela Durminte de Disney); en fin que nos gustou moito e non o dicimos para quedar ben, é certo.
Nenos, comportádevos, que estamos nun castelo. Esta xente, que pouco seria é!
Que paciencia!!! Pobres profesores... o que hai que aguantar!!
Diego Gómez, Cristina Iglesias, Tania López e Gloria Viz.
 
volver
seguinte
 
 
     
iescamballon@terra.es