páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
  Poetízate: a poesía non morde  
     
 

Despois da lectura da antoloxía Poetízate, o alumnado de 4º de ESO do curso 2006-07 tivo que realizar un traballo que podedes consultar no seguinte enlace. Deseguido mostrámosvos algúns resultados.

  • E comezamos pola expresión visual do poema "Cando chove" de A. García Teijeiro, que foi a orixe deste vídeo elaborado por Iago Fernández, Alberto Castelo, Eugenia Rodríguez e Irene Portas.

 
 
Cando chove
e non me mollo
¿é que chove
ou que non chove?
Choven choven
catro pingas
Choven choven
Oito ou nove
unhas pingas
que recollo
Chove chove
non me mollo
Uns que baixan
Outros soben
Dezasete
vintenove
poño verbas
a remollo
Non me colles
Non te collo
Chove chove
e non me mollo.



 
 
  • Ánxela Louzao, Cristina Iglesias, Gloria Viz e Tania López "completaron" a "Autopoética" do grupo poético Ronseltz, segundo se propoñía na actividade número seis. Este foi o resultado:
 
 

Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera:
“Aire ollos bebé desolación” (era dadaísta)
Vai un poeta moderado e dille ao cobrador da luz:
“Vaia vostede coller o camiño que leva ao comezo dos cestos”
Vai unha lavandeira e dille a un túmulo:
“Insignificante pedra, e pensar que es a porta entre dous mundos...”
Vai un ce con cedilla e dille a unha tónica:
“De tónica a tóniça só estou eu”.
Vai un solpor e dille a un rapaz feo:
“A miña vida nunca tan longa me pareceu”.
Vai unha patria pequena e dille a un buzón de correos:
“Está aí o meu correo? É que aínda non teño servizo postal.”
Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca:
“Ultimamente cando bebo dóeme a cabeza de carallo”.
Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X:
“Nunca disfrutara tanto coma neste poema”.
Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base:
“Se volvera o sol a miña melodía deslumbraríate”.
Vai a néboa dun verso, saise do poema e acata a Constitución:
“O meu sentido da liberdade nunca estivera tan nubrado”.
Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes:
“Ñoño, nin coa miña inspiración espabilas”.
Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais:
“Os seus fillos están nas estrelas”.

Coas letras iniciais de cada resposta poderá formar
un pensamento modificado de Calderón de la Barca.


 
 


 
 
  • E Iago Fernández, Alberto Castelo, Eugenia Rodríguez e Irene Portas imitaron os "Abecedarios Baleiros" de Yolanda Castaño:
 
 
ABECEDARIOS SOMERXIDOS

Atrocidades arremetidas á alma.
Bicos borrosos que baixan da burra.
Caladas ceibes dun cigarro consumido.
Débedas de dor divagando nos días distantes.
Esperanza errante estancada no exilio.
Fendas de ferro que fitan folerpas de fume.
Gargarexos goteando na gorxa dun gato gris.
Hemorroides herexes no hotel dos hemisferios.
Inquietudes que indagan nas inmensas illas de ilusión.
Lenes lúas que lamben linguas de luz.
Margaridas de mármore mergulladas no mar dos mortos.
Ninfas núas nas néboas de ninguén.
Ñandús ñáñaras ñapando un ñu.
Ontes que ouvean nos outeiros.
Paixóns perdidas nas pontes do pensamento.
Quizais queimados na queixa da Quimera.
Ríos de recados que reman nos regos da reflexión.
Sexos suorosos que susurran os seus soños.
Tronos de tequila que transforman en tenros os tormentos.
Unllas uniformes que unen úteros.
Verbas de vellos verdes que violan a vila.
Xogos de xoaniñas tirando xunto á xente.
Zunzúns que zoaban no zunir das zanfonadas
.

 
 

Atrás
 

 

índice de lingua galega e literatura | arriba
 
   
 
     
iescamballon@terra.es